sábado, 15 de febrero de 2014


MANUEL PONTE PEDREIRA: “pintor”Coñecido co sobrenome de Xastre, nado no Fontao (Frades) en 1911 e morto en 1947.




Ao empezar a guerra civil Manuel Ponte non tiña filiación política ningunha. Empezou a tomar conciencia da realidade social e militar no cárcere, xa que como moitos outros,foi detido ao inicio da Guerra Civil Española e permaneceu en prisión ata 1943 no cárcere da Coruña, estando alí ingresou no Partido Comunista de España. En 1945 incorporouse á guerrilla comunista.

Marchou ao monte, como tantos "escapados" foi,para librarse da ameaza de ser encarcerado de novo. Ademais, Ponte era dos que tiña que presentarse á policía de Frades cada semana, e cada visita á comisaría era, para el e para os demais, unha humillación e un trastorno insoportable.


O delataron e a Garda Civil cercouno con varios dos seus homes na súa aldea natal o 21 de abril de 1947 e morreu no enfrontamento. 

BENIGNO ANDRADE “Foucellas": unha leenda da resistencia antifranquista




Nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas,no concello de Mesía, dende moi novo traballou no campo, de xornaleiro, e nunha leitería. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón
Xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, Posteriormente foi militante da CNT e guerilleiro anti-franquista; temendo represalias dos fascistas, botouse ao monte. púxose ó frente, dunha partida guerrilleira que actuaba na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo que existían naquela época en Galicia.
Ferido en 1945 coa súa propia arma Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e escondido. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas.
Home que o réxime fascista converteu nun criminal sen escrúpulos, atribuíndolle moitos delitos que se cometeran ao mesmo tempo en sitios distintos.
Benigno Andrade participa do Exercito Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de 1949 escapa dunha emboscada da Garda Civil
O 9 de marzo de 1952 é detido por unha confidencia. Terriblemente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en Consello de Guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.
As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e

un goberno lexitimamente elexido”.

O MARIO DE LANGULLO : o pinche. ultimo guerrilleiro antifranquista


Nado en Cesuris (Manzaneda) en 1913 e morreu en Seadur (Larouco) en 1986, foi un dos últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra o réxime de Franco.
Con quince anos emigrou a Bilbao na busca dunha vida mellor. Alí traballou coma peón e participou en diversos conflitos laborais, voltou a Lugo en 1935.
Coa sublevación fascista viuse obrigado a botarse ó monte para salvar a vida. Alí, dirixiu a grupos de fuxidos en accións de sabotaxe, ataque ao goberno e represión de colaboradores e delatores.
A Mario mátanlle os falanxistas a seu pai e a sua irmá como revancha pola súa fuxida ó monte.

A consolidación do réxime faría cada vez máis difícil a continuidade da acción guerrilleira, no ano 1946 o PCE abandoa a loita armada e deixa abandoados aos guerrilleiros e Mario ocultase e logra fuxir a Francia en 1968. Regresou a Galicia en 1979 frecontando as ferias da comarca saudando ás persoas que lle ayudaran na súa permanencia no monte. Faleceu en 1986 en Seadur.


XOSÉ NEIRA FERNÁNDEZ:(O primeiro á ezquerda), nado en Mera de Arriba (Ortigueira) en 1909. Foi ferreiro en Cuiña e afiliouse ó Sindicato General de Proletarios de San Claudio, de orientación anarquista.




Botouse ao monte en primavera de 1938. A principios da década dos 40 "Neira" e os seus homes eran medio centenar e dividíanse en 5 grupos. Andaban pola provincia da Coruña, Ortigueira-Ferrol- As Pontes. Despois ampliaron o seu campo por Pontedeume, Villarmayor, Monfero, Ás Neves- Capela. Despois dirixe os guerrilleiros da zona costeira Cee-Vimianzo-Monte Pinto. En 1943-1944 vólveselle ver por Ortigueira para finalmente ser gravemente ferido nunha refrega e vaise a Francia.
Os seus integrantes tiñan contactos en Moeche e Ferrol, o que lles permitía refuxiarse en casas de apoio durante longos períodos cando estaban feridos.
tiña vinte anos cando estalou o alzamento militar. Non militaba en ningún partido político, pero si estaba afiliado ao sindicato CNT de Viveiro. En 1942 sumouse ó Partido Comunista.

Un dos misterios foi a morte de Neira, que algúns atribuíron a unha loita de poder entre anarquistas e comunistas no seo da guerrilla. A raíz da caída dunha serie de compañeiros en 1942 plantexouse a necesidade de xuntar diñeiro para comprar un barco e fuxir a Francia. Neira e Xosé Castro foron para Ferrol a buscar máis diñeiro e, pasados tres ou catro meses, só regresou Castro, dixo que se separou de Neira e non volveu a velo. Non soubemos nada máis del. As circunstancias da súa morte seguen sen clarexarse.

MANUEL FERNANDEZ SOUTO : “Coronel Benito” “Soutiño”, de Mugardos (A Coruña). Antigo mariño de guerra, tiña unha gran capacidade de organización recoñecida polos seus propios inimigos. Despois dunha longa andadura por toda Galicia foi tiroteado, morrendo en Bóveda (Lugo) en xuño de 1949.



Coronel Benito”

PRINCIPAIS “fUXIDOS Ó MONTE”
DA GUERRILLA EN GALICIA:

XOSÉ CASTRO VEIGA: “El Piloto”. Dunha aldea de Corgo (Lugo), o seu nome débese a que era cabo da Aviación, desertóu para loitar no bando republicán. Ó final da guerra apresárono e conderárono a 30 anos de cárcere sendo indultado en 1943.Continúa coa súa actividade política de forma clandestina e fuxindo dunha redada de comunistas en Madrid bótase ao monte en 1945. Actuou na zoa oriental da Cordilleira Cantábrica, ao sur de Lugo. Finalmente un antigo compañeiro do servizo militar delatouno, poucos días despois foi abatido en Belesar (Lugo) preto da presa da central eléctrica.



Imaxen: José Castro Veiga “El Piloto