COVAS
A
maioría de vós, non conocedes COVAS, é unha aldea a 10 km de
Ferrol, pequena, con xente moi peculiar,
(hai que darlles de comer aparte), pero téñolles cariño xa que son
moitos os que levamos xuntos. Ë unha península rodeada de praias
cada cal máis fermosa unas 10 ou 12 ¡As tería que contar!. Alí
paso os veráns cos meus, dende hai 17 anos, e si ninguen lle pon a
proa, penso pasalos toda miña vida. Meus irmás din que Covas é o
PARAISO, e penso que teñen razon, alí pasei os mellores momentos,
alí teño os mellores amigos, alí coñocin o amor..... e xa es´ta
ben de contaros miñas interioridades por agora xa que nos acabamos
de coñecer.
Hoxe
os falarei dunha desas prais tan bonitas que ten Covas. ¡SANTA
COMBA! E con ela súa ermida.
É unha praia rectilínea, a súa extensión é de 1.500 metros, de area
branca, con forte ondas batindo nas rochas, ideal para o surf.
Sabedes
que a praia de santa Comba está incluída na ruta dos naufraxios?
A
maxestosa e misteriosa Praia de Santa Comba, moitas noites de
inverno se some nunha estraña néboa, que provoca un gran número de
naufraxios.
Un deles foi o do barco de vapor inglés Highland Warrior. 3 de outubro de 1.914 o navío internouse no medio da néboa e, cando a tripulación quixo decatarse, apareceu inexplicablemente encaixado nas pedras denominadas "Cabalos de Prior". O barco transportaba 200.000 libras esterlinas en ouro e 29 pasaxeiros, que foron rescatados.
Un deles foi o do barco de vapor inglés Highland Warrior. 3 de outubro de 1.914 o navío internouse no medio da néboa e, cando a tripulación quixo decatarse, apareceu inexplicablemente encaixado nas pedras denominadas "Cabalos de Prior". O barco transportaba 200.000 libras esterlinas en ouro e 29 pasaxeiros, que foron rescatados.
Sexa como sexa o saber popular, o certo é que a praia de Santa Comba, cos seus illotes, a súa ermida e as dunas próximas, é un tesouro natural de beleza espectacular que non podedes deixar de visitar.
Santa
Comba ten tres illas, na do medio está a Capela de Santa Comba.
Sinxela
ermida románica, de planta rectangular con cuberta a dúas augas.
Muros de cadeirado. Posúe unha soa nave. Sufriu recentes
restauracións. É un antigo lugar de romeiros, que dende o século
XII ata os nosos días acoden en peregrinación, no último domingo
de agosto, a dar mostras de devoción popular. Coa marea baixa,e só
con ella pódense achegar á illa da ermida.
Preto da capela consérvase a barca da Santa. Ou como diriamos os galegos "unha grande pía de pedra", posiblemente utilizada antigamente como faro usándoa para facer unha cacharela orientativa. ( tamén se cre que puido ser un sarcófago).Varias veces intentaron trasladala pero nunca se deixo, pois din que canto máis trataban de movela, máis se afundía na terra. Non será que a barca quere estar xunto á ermida por se á Santa se lle ocorre navegar de novo?
Reprodúzcovos aquí algunha das cantigas.
Santa
Combiña Bendita
ten un navío no mar;
quen cho dou,
quen cho daría
listo para navegar.
Santa Combiña Bendita
que estás no medio da isla,
dache o vento,
dache o frío
ten un navío no mar;
quen cho dou,
quen cho daría
listo para navegar.
Santa Combiña Bendita
que estás no medio da isla,
dache o vento,
dache o frío
e levántache a camisa.
Santa
Combiña Bendita
vela aí vai pola ribeira,
collendo rosas e flores
e meténdoas na faltriqueira.
vela aí vai pola ribeira,
collendo rosas e flores
e meténdoas na faltriqueira.
Xa
sei o o que estades pensando, marabillosa, pero non ir, seguir indo
a Cabañas, Doniños, deixarnos para os cabacheiros as nosas praias
solitarias,porque para ser cobacheiro fai falta moito tempo,
moitísimo, e iso non se gaña nun día.