miércoles, 4 de diciembre de 2013


Máis de 25.000 persoas esixen carga de traballo para Navantia en Ferrol (01/12/2013)


Asia lévase os buques de Gas Natural e 'afoga' os estaleiros Din que os motivos da elección dos estaleiros de Asia foron 'técnicos e económicos', pero parece ser, que Navantia "non" chegou a presentar unha oferta en firme"

Aos directivos de Navantia tíñalles que caer a cara de vergoña.

A principios dos oitenta, Ferrol chegou a alcanzar 91.739 veciños, nos últimos trinta anos, Ferrol perdeu 20.000 habitantes e continuará, como consecuencia da marcha obrigada de centenares de traballadores, pois o traballo esgotarase por completo en menos dun mes.

Sen traballo Navantia pode morrer e detrás vai toda a comarca".

Ningún goberno, nin do PSOE, nin do PP nunca moveron un dedo polo noso naval

Vivimos xa dúas reconversións industriais, a primeira nos anos 80 con Felipe González no goberno a vella Astano foi sacrificada, ao prohibírselle a construción de barcos para a mariña civil, veto que se levantará aínda no 2015.. Todo para entrar na UE. Había outros asteleiros, pero tocounos a nós

Felipe González como andaluz que é, os asteleiros do sur foron intocables.

No anoi 2004 a UE declara ilegais unhas axudas estatais concedidas aos estaleiros públicos por importe de 1.200 millóns de euros, e forza a última reconversión naval
Navantia estaría dedicada principalmente á construción de barcos militares, aínda que podería dedicar un 20% da súa facturación ao mercado civil, pero ó final Europa Xóganola de novo e non deixa nin o 20%. O que evitou ter que devolver as axudas declaradas ilegais.

E que pasa cos barcos militares?

Pero con a crisis, rebaixan o presuposto militar e non hai barcos. E se iso fose pouco desmantelaron xa hai tempo as instalacións militares de Ferrol.

Non consentiremos unha terceira reconversión

"A reconversión naval dende os 80 foi continua”.
Aquí houbo expedientes de prexubilación en 1999 e 2004 e perdemos uns 2.000 traballadores entre un expediente e outro.”
Isto significa que ningún Goberno apostou por un sector estratéxico como é o naval e por unha empresa que é un piar da economía da bisbarra”

E qué fai o PP?
Pois como os outros, nada , promesas e máis promesas que non cumpre: A sexta fragata, un dique flotante, gaseiros….
O poder político vai sendo hora que deixe :

" De ter abandoado" o sector naval, “a súa actitude "submisa" ante Bruxelas e ante os "poderes económicos" e grandes empresas como Repsol e Gas Natural que "negan o pan aos asteleiros ferroláns.
                                    ¡Non deixaremos morrer Ferrol ¡
                                    ¡Xa está ben de tomarnos de coña”!

                                Ferrol está disposto. Disposto pra loitar

No hay comentarios:

Publicar un comentario