Música,
rondallas e 'bicos' de laranxa e chocolate
en
homenaxe ás Pepitas de Ferrol
Como
todos os anos, pola festa de San José, saíron polas rúas de Ferrol
as rondallas cantando á muller ferrolana.

A
historia das Pepitas.
Está
nas raíces da historia do Ferrol, e nin os cambeos sociais poderon
con ela.
Foi
en 1902 cando naceu 'A Noite das Pepitas, tal e como se coñece hoxe
. Nos anos sesenta do pasado século adquiriron aínda maior
relevancia, xa que déronlle rango institucional.
Pero
xa no século XIX hai testemuños gráficos e escritos da rolda a
determinadas mulleres ferroláns para destacar as súas virtudes.
'Os
cabaleiros de Esteiro' sería o primeiro grupo, en 1886.
As súas cancións son valses, danzas e habaneiras, que calaron en Ferrol pola chegada de persoal andaluz e valenciano aos estaleiros e ao Arsenal Militar, e tamén pola elevada inmigración a Cuba.
Elegantemente vestidos, as súas roupas van acompañadas de capas negras, lazos, fitas ou escarapelas. Laúdes, mandolinas ou bandurras, xunto ás súas voces, fan o resto.

Os
ferroláns botáronse á rúa para escoitar o seu son máis
tradicional na xornada en que se enxalza ao amor e á beleza das
mulleres da cidade. Dende a mañá do sábado ata ben entrada
a madrugada, o casco histórico con
forma de tableta de chocolate vólvese máis doce que nunca por unhas
horas ao ano, baixo a música e as mulleres.
O
coliseo ferrolán acolleu na mañá do sábado a habitual recepción
ofrecida polo Concello ás rondallas. Nese acto, destácase a
traxectoria de letristas e músicos involucrados no mantemento deste
legado histórico. O poeta Pedro Xosé Blanco Llano e os rondallistas
Juan Vázquez Seijo e Miguel Gago.
Para
despois seguir cantando dende primeira hora da tarde do sábado polas
rúas da Magdalena, partindo dos barrios de Ferrol Vello, Ultramar,
Caranza, Canido e o Ensanche.
Por
que as Pepitas en torno ao día de San José?
Antano
era dos escasos días de libranza para os operarios dos estaleiros e
o de Pepa era un nome moi estendido entre as mulleres.
O postre típico
Como bo festexo que se prece, hai doce dedicado: o Bico, con forma de corazón e cunha receita de biscoito de cacao, e cobertura de chocolate negro e crema de laranxa.
O postre típico
Como bo festexo que se prece, hai doce dedicado: o Bico, con forma de corazón e cunha receita de biscoito de cacao, e cobertura de chocolate negro e crema de laranxa.

Para
recordar esta data, Sargadelos
presenta cada ano por marzal un prato de cerámica na súa honra.