miércoles, 27 de noviembre de 2013


Quérovos contar que é para min Galicia


Galicia é sobre todo SENTIMENTO
Galicia é miña terra. Como di Rosalia.” Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,......
A miña nai emociónase cando recita este poema, e tantos outros.
Nacín en Galicia , son galego, e estou orgulloso.
Como din “os limones “ Aquí nacín , e aquí quero quedarme, donde teño miña xente, miña familia, meus amigos..., todo o que me importa e necesito
Qué máis podo querer? O aire está limpo, o campo verde sempre, inverno e verán.
E como se come? Mellor que en ningún sitio, marisco , peixes, empanada, polbo, non sigo que teño fame.
E que me decides das prais? Non as hai máis bonitas , a auga limpa , a area branca . Vouvos subir
ao blog a praia de Santa Comba en Covas. Non víchedes xamáis unha praia tan fermosa.
Son galego, e como unha nai quere o seu fillo, así quérolle eu a Galicia.


Agora ben, si me din, si quero unha Galicia, illada ,soa, independente, digo NON,NON, NON.
Porque a unión fai a forza.
Galicia coa súa cultura, idioma e costumes e demais características, e xunto coas outras 16 autonomías enriquecen e forman parte dun País grande, con moitos defectos , pero que temos que aprender a querer sin complexos, cunha bandeira, que ten que ser de todos chamado España

No hay comentarios:

Publicar un comentario