miércoles, 27 de noviembre de 2013


O blog de Pablo

Eu son un rapaz que me sento ferrolano, galego e español, e non consinto que me falen mal de Ferrol, Galicia e España.
Agora toca falar de Galicia

Galicia é un lugar no que convive o mundo real co fantástico. Aquí atoparédes as dúas historias, a Galicia imaxinaria, contos, lendas, mitos e aventuras que siguen vivindo, por moito que o tempo pase, na nosa memoria. E a dura e cruda realidade.

Empecemos xa.

Hoxe toca falar dos castros, e de todo o mundo que o rodea, festas, tradicións, druidas, lendas, árbores máxicos, criaturas mitolóxicas, meigas, monumentos funerarios....

Os Castros
Son poboados fortificados da época prerromana, moitos exitiron ata a Idade Media. Eran aldeas rodeadas dunha muralla, e para defenderse millor estaban nun alto, as súas casas eran de pedra, sin ventás e circulares e con tellado de palla, nelas compartían a vida as persoas e os animais.
En Galicia hai moitos, os mais importantes:

Castro de Baroña: O castro maritimo, situado preto de Porto do Son, entre Noia e Ribeira, na provincia da Coruña.
Castro de Santa Tecla. Outro dos castros mellor conservados. Situado no monte de Santa Tecla, na Garda (pontevedra).
Castro de Viladonga: Situado en Castro de Rei (Lugo), é un dos máis bonitos, cun Museo.

Na zoa de Ferrol, tamen temos: Illa de Santa Comba (Covas); Croa de Fontá (Doniños);
Esmelle e Tralocastro (Esmelle); A Croa (Leixa); Mandía (Bustelo-Mandía); Os Castros (Fraga-Mandía); Lobadiz ou Punta do Castro ; Papoi (Marmancón); Santa Mariña (Serantes);
O Calvario (Icia-Trasancos).
Hai mais , pero non é cuestión de cansarvos.
Como eu veraneo en Covas contareivos que na Illa de Santa Comba no ano 2001, Andrés Pena Graña, arqueólogo, atopou un disco duns 4 cm de diámetro e no centro un furado pequeno, posiblemente do século I d.C., cun epígrafe adicado á deusa Reva,: Deusa suprema asociada á xustixa e a morte. Tamen existe unha lenda pero iso o deixo para outro capítulo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario