martes, 7 de enero de 2014


A pedra

O distraido tropezou con ella.
O violento utilizouna como proxectil
O emprendedor construíu, con ela.
O campesiño canso utilizouna como asento .
Para os nenos foi un xoguete.
David matou a Goliat e
Miguel Angel sacoulle a máis bela escultura.
En todos os casos,
a diferenza non estivo na pedra.
senón no home.
Non existe pedra no teu camiño que non poidas
aproveitar para o teu propio crecemento. 

historia do meu bisabó José Pérez Lago

Era dentista, moi coñecido en Ferrol ( naquela época, anos 30 non había moitos), gañaba moito diñeiro xa que tiña a consulta sempre chea, atendía gratis ás monxas do asilo e a todos os que non tiñan diñeiro.
Para elas era o "bondadoso señor Pepe", o que lles facía rir tanto. Pero estalou a guerra civil e como xa vos contei, ao seu pai condenárono a 30 anos de cárcere, e sorpresa a partir dese momento deixaron de ir, xa que era “roxo”, xa non era bon, xa non era o señor Pepe.
Non soio deixaron de ir as monxas, senon a gran maioría da xente, uns por ter outras ideas políticas e outros por medo a que pensaran que eran “roxos”.
Isto foi o principio do fin do meu bisabó, pasou a ser un home triste, sin ganas de vivir, que non entendía porque a xente mesturaba a mediciña coa política, e foi comprendendo que os humáns somos uns fillo da gran p....., e que imos o sol que máis quenta.
Teño moita tristura por non habelo coñecido, un home grande que non lle importaba si a xente podía pagarlle ou non, que tiña claro que si lle doía unha moa a alguén había que curalo.
Ai donde estes, un gran bico.

Consello de guerra en Ferrol, 1 de agosto no cuartel de enxeñeiros

Os procesados eran 10, Alfonso Quintana y Pena defendía a cinco entre eles o alcalde Santamaría e un garda civil Rincon . O abogado Villamil , entre outro defencía a Fernando Carballo e Manuel Morgade e o capitan Lobo Montero defendeu a Federico Pérez Lago (meu tatarabó) concelleiro republican.
O fical pediu pena de morte para Santamaría, carballo, morgade e Rincón , e 30 anos para os restantes procesados.
A continuación os abogados leeron os seus escritos fundamentados na “obediencia debida”, o alcalde obedeceu as órdenes do Sr. Gobernador Civil, de pecharse no Palacio Municipal, cos concelleiros e escasas persoas máis, permanecendo a porta pechada, como en protesta simbólica, contra a sublebación producida horas antes, ata as oito ou nove da mañá do mércores 22, hora en que ao ver que os artilleiros emprazaban un canón de montaña, fronte ao Concello, dispostos a bombardealo, asomouse, creo que o Alcalde, ao balcón central, cunha bandeira branca, en sinal de rendición.

No período de rectificacións o Fiscal,Hernán Martín Barbadillo, volveuse unha hiena, recorrendo ao nunca visto, en busca de que os compoñentes do Tribunal, fallasen conforme á súa grave e dura petición. Non reparo en medios, chegando mesmo ao insulto, á ofensa persoal, aos que xa sabía el, que lles quedaban poucas horas de vida.
O Presidente do Tribunal, pregunto aos acusados, se tiñan que alegar algo, poñéndose de pé Antonio Santamaría, e sin apenas abrir a boca, escoito como o Coronel Sr. Canovas, en ton enérxico, lle dixo, no medio do noso asombro, "cálese e séntese. Así conclúo aquel duro Consello de Guerra, no que os defensores, cumpriron co seu deber, sen percibir honorarios de ningunha especie.

O día 11 de agosto leeron a sentencia , QUE XA SE SABÏA, ordenando que, ao seguinte día, fosen fusilados, os condenados a morte.
Na celda do"O Baluarte", ao saberse que catro, estaban condenados a morte, reuníronse estes. Don Fernando Carballo e Don Manuel Morgado, dixeron que, como só podían fuxir dous, eles quedaban. Santamaría e Rincón, solicitaron pasar ao baño ( non permitían ir mais que de dous en dous ), pecháronse por dentro, anoaron as mantas con que se cubrían, atáronas á ventá e deslizouse Rincón novo e delgado, que saíu correndo. Santamaría, con mais anos e corpulento, se desanudó a manta, caeu ao chan e lastimou un pé, que lle impedía camiñar, polo que apoiándose nos cóbados, cruzou o camiño que levaba á estación do ferrocarril, ocultándose nun maizal, tropezaron con el, dous traballadores, de filiación anarquista, tamén fuxidos, o levaron ata o barrio de Esteiro, onde estivo escondido moito tempo, case un ano, ata que logrou fuxir a Francia, nunha lancha que, con outros perseguidos, saíu do porto de Ares (Coruña). Tempo despois, chegou a Estados Unidos, onde faleceu.

O meu tataravó Federico Pérez López, foi condenado a 30 anos, pasándoos de cárcere en cárcere, a Ila de San Simon, en Asturias, León, Burgos.....

A miña nai conta que a súa filla “Tía Lucha” sempre foi detrás del, de pensión en pensión,de pobo en pobo para axudalo e que non se sentise tan só. Tiña moita retranca e moito humor, non se de onde o sacaba, dicía que era solteira de guerra, xa que non tivo tempo para coller noivo. Unha gran muller, gran cociñeira, con pouco, porque con boa materia é moi doado, moi traballadora e moi elegante, collía unha media e era capaz de colocarlla ao pescozo e que todo o mundo lle preguntase onde comprara ese fulard tan bonito, contaba anedotas de todos os sitios por donde estivera con moita graza. Todo o mundo que a coñeceu, fala marabillas dela, eu non tiven esa sorte, lástima, agora estaríame a contar todo o que pasou dende o seu punto de vista .




AXUDAS DUN E OUTRO BANDO

A República contou con axuda da Unión Soviética, que proporcionou cadros técnicos víveres e armamento, en parte custeado con fondos do Banco de España (o "ouro de Moscú").
Contou tamén coa participación duns 35.000 voluntarios de sindicatos e partidos de esquerda estranxeiros que acudiron a loitar contra o fascismo: as Brigadas Internacionais.
O bando Nacional : O réxime nazi de Hitler en Alemaña e o fascista de Mussolini en Italia axudaron militarmente aos sublevados. Italia colaborou con avións e corenta mil soldados. Alemaña achegou tanques, artillaría e aviación (Lexión Condor) e uns dezaseis mil homes. O réxime portugués de Salazar colaborou facilitando o paso polo seu territorio, o que supuxo unha axuda importante. Hai que sumar a contribución dos cen mil regulares marroquís. 
                                              

FUXIDOS A FRANCIA NO VAPOR " RAMON " DENDE ARES

O alcalde Santamaría foi condenado a morte,Santamaría permaneceu escondido en Ferrol ata o final da guerra en que xunto con outras vinte e sete persoas se apoderaron dun pesqueiro co que conseguiron chegar a Francia. Exiliado en México e Estado Unidos, morreu en Nova York antes de que o restablecemento das liberdades en España lle permitise regresar.
Antonio Santa María López, alcalde republican e socialista, por rigurosa elección popular, da cidade do Ferrol.

Obreiro mecánico dos Arsenais, socialista e membros dirixente da Unión Xeral de Traballadores de España. Home culto, cordial, bondadoso e austero como un monxe, gozou da estimación, do aprecio e do respecto de todos, dende o Almirante Xefe da Praza, ata o obreiro máis modesto, sen distinción de ideoloxías nin de categorías sociais.


Houbo moitas víctimas do franquismo pero os republicanos en España tamén mataron a moita xente por ser de dereitas, por ir a misa e por ser curas e monxas.


Stalin (líder e ditador comunista da URSS) felicitou a Francisco Largo Caballero (presidente do goberno de España durante a república e líder do Partido Socialista) pola extrema violencia coa que estaba a levar a España e por matar a todos os opositores do comunismo.
Lembremos as matanzas de Paracuellos de Jarama, realizadas polo líder comunista Santiago Carrillo. Lembremos as minas de Camuñas, onde existe un pozo no que se atopan as vítimas de asasinatos a mans dos republicanos e os comunistas durante a guerra civil......

Tanto en Paracuellos de Jarama como na mina de Camuñas hai homes, mulleres e nenos polo simple feito de ser de dereitas, relixiosos e por ir a misa


É posible que as mulleres, as monxas sexan unhas putas.
Os curas, os alcaldes os concelleiros uns cabróns.
Os obreiros,os mariñeiros, os soldados,os falanxistas, os empresarios, os mestres... uns fillos de puta.
E os nenos, potenciais capitalistas ou comunistas.

Pero de aí a asasinar a toda esta xente inocente así por que si; polas vosas paranoias ideologicas sexan de dereitas ou de esquerdas,que non son máis que roubar, asasinar e mentir.

Ferrol, 1936. Tres días de xullo.

LUNS, 20.

Parece un día laboral normal, os obreiros do estaleiro están traballando. 

Todo cambia ás tres e cuarto da tarde, cando explotan tres foguetes, lanzados preto do Arsenal. Un grupo numeroso de xente forma diante das intalacións da Mariña pedindo armas, pero na Porta do Dique impídese a entrada dos manifestantes, disparando sobre eles infantes de Mariña.
A partir deste momento teñen lugar, case simultaneamente, a detención do contralmirante Azarola, fiel ao Goberno republicano, no seu despacho de xefe do Arsenal, e as detencións dos mandos que apoian o golpe no acoirazado "España" e no cruceiro "Almirante Cervera" por parte da mariñeiría dirixida polos cabos.
Dende o Goberno Militar ordénase que unha batería de artillaría avance polo centro da cidade. A compañía pasa pola Praza de Armas e diríxese a Amboage. No seu percorrido é hostilizada por civís armados que se refuxian nas bufardiñas e nas partes altas dos edificios.
Os artilleiros desaloxan algunhas casas, tomándoas ao asalto con granadas de man. Mentres, o cuartel de artillaría recibe disparos de fusil dende a estación do ferrocarril e vivendas dos arredores; son disparos dos obreiros da Construtora Naval e mariñeiros do Arsenal, os uniformes brancos dos mariños destacan claramente. A pesar da resistencia, as forzas de artillaría ocuparán a central de teléfonos, a praza de abastos e a xeradora de electricidade.


Do cuartel de Dores, en Fontelonga, unha sección de Infantaría de Mariña sae a ocupar o barrio de Esteiro. Ao chegar aos Cantóns, fronte ao Concello, prodúcese a confusión da xente aglomerada que vitorean aos militares crendo que van defender a República; o alcalde socialista Santamaría sae a recibilos, pero os disparos ao aire dos infantes desenganan a todos das súas intencións. Santamaría refúxiase de novo no edificio onde se atopan os concelleiros Manuel Morgado González del Valle, Federico Pérez Lago, Adolfo López Sánchez, Ventura Díaz Lojo y Francisco del Río Barros. e o presidente da xestora da Deputación Provincial, o ferrolán López Bouza, de Esquerda Republicana, entre outros.

MARTES, 21.

Un grupo do rexemento de Artillaría de Costa descarga dous canóns de 9 mm de calibre dun camión e adiántanos ata deixalos a sesenta metros da casa do Concello, todo iso baixo tiroteo. Dentro do edificio municipal, con sacos de terra nas fiestras, pasaron a noite uns setenta homes: o alcalde, o presidente da Deputación López Bouza, o tenente de alcalde socialista Morgado e outros concelleiros, máis corenta gardas municipais e mariñeiros do "Cervera". Diante da ameaza de ser canoneados saen ás nove e media da mañá e entréganse ao comandante dos artilleiros, que ocupa interinamente a alcaldía.


Os militares prometeron a Santamaría que non habería represalias se se rendían. O número de detidos neste día ascende a 125, dos que 41 serán executados nos tres meses seguintes.
As forzas de artillaría asaltan despois a Casa do Pobo. Tras seis disparos de canón, tómase con granadas de man. Os socialistas foxen por unha porta traseira.
Rematada a resistencia civil, os artilleiros despréganse polos tellados dende onde fan fogo de metralladora sobre o cruceiro "Almirante Cervera", que se rende ao atardecer.

MÉRCORES, 22.

Os cabos e mariñeiros do acoirazado "España" son os últimos en entregarse: ás 7.30 da mañá. Trinta e dous deles serán fusilados nunha soa xornada a finais de decembro.

En Ferrol vence a sublevación, despois de tres días de loita con 33 mortos e un cento de feridos.

En Galicia o Alzamento esténdese desde as cidades ás vilas e antes de terminar xullo a II República rematou na nosa terra.