historia
do meu bisabó José Pérez Lago
Era
dentista, moi coñecido en Ferrol ( naquela época, anos 30 non había
moitos), gañaba moito diñeiro xa que tiña a consulta sempre chea,
atendía gratis ás monxas do asilo e a todos os que non tiñan
diñeiro.
Para
elas era o "bondadoso señor Pepe", o que lles facía rir
tanto. Pero estalou a guerra civil e como xa vos contei, ao seu pai
condenárono a 30 anos de cárcere, e sorpresa a partir dese momento
deixaron de ir, xa que era “roxo”, xa non era bon, xa non era o
señor Pepe.
Non
soio deixaron de ir as monxas, senon a gran maioría da xente, uns
por ter outras ideas políticas e outros por medo a que pensaran que
eran “roxos”.
Isto
foi o principio do fin do meu bisabó, pasou a ser un home triste,
sin ganas de vivir, que non entendía porque a xente mesturaba a
mediciña coa política, e foi comprendendo que os humáns somos uns
fillo da gran p....., e que imos o sol que máis quenta.
Teño
moita
tristura por non habelo coñecido, un home grande que non lle
importaba si a xente podía pagarlle ou non, que tiña claro que si
lle doía unha moa a alguén había que curalo.
Ai
donde estes, un gran bico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario