Son
centos os refráns e os devanditos populares galegos que de xeración
en xeración foron transmitíndose para formar parte da nosa cultura
tradicional. Recollen datos importantes sobre os costumes, o clima,
os fenómenos atmosféricos, as estacións do ano ou as tarefas
campestres.
Todos e cada un deles son unha pequena gran mostra
de sabedoría popular e permanecen moi arraigados na vida cotiá
principalmente dos nosos maiores e que en infinidade de ocasións se
converte nunha verdade irrefutable.
DITOS
POPULARES
Amiguiños
si, pero a vaquiña polo que vale
O
que se queima, tén o rabo de palla
Ceo
empedrado, chuva de contado
Canto
mais te agachas, mais che dan polo cú
Quen
polo seu gusto morre, ata a morte lle sabe
Non
por moito madrugar amanece mais cedo.
Este cree nos paxariños
preñados.
Nunca
choveu que non escampara.
REFRÁNS
POPULARES
Xaneiro
quente, trae o demo no ventre
Febreiro,
xeada na leira e cachopo na lareira.
Polo
san Vicente, planta os nabos da semente.
Gavotas
en terra, mariñeiros á merda
Comer
e rañar, todo é empezar
Duas
fillas e unha nai, tres diaños para o pai
As
sardiñas en Maio, pingan no borrallo e polo San Xoan pingan no pan
Por
Santa Lucía mengua a noite e medra o día
Febreiro
e as mulleres, no día teñen sete pareceres
A
vaca que non come cando os bois, ou comeu antes ou come despois
Sogra
e nora, e can e gato, non comen ben no mesmo prato
A quen Deus non lle
da fillos, o demo lle da sobriños
Refraneiro
de abril
A abella e a ovella
en abril deixan a pelexa.
A
auga de abril enche o carro e o carril.
A
sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no
rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
A
vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
A
viña de bo amo pódase en marzo; a viña do ruín pódase en abril.
Abril,
augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin.
Abril
chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso
Abril
e maio son as chaves do ano.
Abril
frío e fornos quentes, alegría prós meus dentes.
Abril
que non chove deixa ó labrego probe.
Abril
quente e mollado, carga o carro e enche o gando.
Altas
ou baixas, en abril son as Pascuas.
As
mañanciñas de abril deixádemas pra dormir.
Cando
en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba.
Coida
de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
En
marzo, se podas un cardo, naceranche catro, i en abril, se cortas
catro naceranche mil.
No
mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro.
O mes de xaneiro é
o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril,
chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en
agosto, mellor.
O
que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña.
O
que non garda leña pra abril, non sabe vivir.
Por
Pascuas de Resurrección tres cousas non teñen sazón, sardiñas
asadas, castañas asadas e predicación.
Quen
queira mal a unha veciña, dealle no abril sardiña.
Se
en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non
rulea, mala cosecha se espera.
Xaneiro
xiado e abril mollado enchen o faiado.