sábado, 19 de abril de 2014




A elaboración das obras de porcelana de Sargadelos segue un minucioso proceso no que se coida a calidade ata o máis pequeno detalle.
Sargadelos é unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia vencellados ao desenvolvemento da cultura de Galicia en todos os eidos da creatividade.
A Cerámica de Sargadelos xurdiu de Antonio Raimundo Ibáñez, figura da nosa primeira industrialización, nos primeiros anos do século XIX, coa inauguración dunha fábrica de louza nesa parroquia do concello de Cervo (Lugo) no ano 1806. Dos seus altos fornos saíron moitos dos canos, cadeas, rodas hidráulicas, útiles de cociña e demais ferramentas das empregadas na España do século XVIII. E mesmo chegaron a crearse fermosos conxuntos escultóricos, fontes públicas e balaustres decorativos que aínda se poden recoñecer nalgunhas cidades galegas.

Pouco tempo despois, engrandeceu a súa obra coa creación da fábrica de louza, que comezou as primeiras probas no ano 1806. O proxecto permitiulle a Raimundo Ibáñez desenvolver o seu gusto polas artes plásticas
Canos da canle de Isabel II feitos en Sargadelos.

1809-1832 Primeira etapa

José Ibáñez, fillo do fundador de Sargadelos, asumiu o goberno da empresa tras a súa morte. Coa axuda dos seus tíos maternos e da súa muller, Anita Varela, ampliou a fábrica orixinal ata instalar tres fornos de produción, dous pequenos para ensaios e varios talleres con máis de 25 tornos.

Chegarán a producir 20.000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do século XIX.

As louzas características desta época son de cor branca, con esmalte brillante cremoso ou lixeiramente azulado. Sobresaen as pracas, floreiros e xerros, deseñados cun estilo neoclásico, inspirado na louza inglesa de Bristol. Corresponden a esta época as primeiras pezas pintadas a man.
Albarelo e floreiro

1835-1842 Segunda etapa

José Ibáñez asociouse con Antonio Tapia para constituír a empresa Ibáñez y Tapia o 19 de maio de 1835. Coa dirección do francés M. Richard, chegado dende Turín, apostaron pola fabricación de louza fina en cor branca pintada a man. Tamén abordaron as primeiras probas de estampación e policromía.
Desta época, sobresaen as lámpadas e candeeiros en forma de castelo, e mais unha vaixela decorada con estampación de tonalidade verde-chumbo onde se representa a unha parella bailando a muiñeira. Tamén se fixeron entón fermosas placas de temas mitolóxicos e relixiosos, e excelentes pezas de toucador.
Candeeiro Floreiro de 5 bocas
Reloxo

1845-1862 Terceira etapa

No ano 1845, arréndallese a administración de Sargadelos á familia Ibáñez.

Máis de 1.000 familias chegaron a traballar en 1849. Foi a época dourada do primeiro Sargadelos.
Con calidades e variedades excepcionais de vaixelas e figuras baixo a dirección do británico Edwin Forester. Introdución da louza alumada chamada
chinesa opaca ou semichinesa, pola súa decoración floral, estampados en sepia e castaño e pintados con pincel en verdes, azuis, amarelos e rosas. As estampacións monocromas (sobresae a cor negra) e a impregnación de cor nos fondos das pezas de vaixela branca, brilante e lixeiramente azulada.

Característicos desta época son os
Mambrús, xerros feitos coa figura dun home sentado semellante ao Toby Jug da cerámica inglesa, e as vaixelas ilustradas con estampación litográfica (quizais, por primeira vez en España)

Fontiña de manteigueiro Copa para doces con decoración
Fonte cuberta con vistas Benditeira con decoración
Figura decorativa policromada Mambrús

1870-1875 Cuarta etapa

A familia Ibañez recobra a xestión, asociándose cos coruñeses Atocha e Morodo en 1873. Básicamente, reprodúcense as pezas da etapa anterior, pero sen acadar a súa mesma calidade. Cesaron as inversións en novas instalacións e prescindiuse dos expertos ceramistas extranxeiros.

Foi a etapa na que as perdas ocasionadas polos preitos familiares dos Ibáñez levaron a Sargadelos ata o seu peche como empresa no ano 1875.

Desde entón ata a recuperación do seu legado, na segunda mitade do século XX, a historia daquel formidable emprendemento e as testemuñas da beleza acadada nos seus talleres extendéronse sen fronteiras. EN 1972, o perímetro das anigas Fábricas foi declarado Conxunto Histórico-Artístico.

Fonte le louza fina Xerriña do leite
Cunca de café Xerra do lavabo

1949-Actualidade Quinta etapa




Isaac Díaz Pardo crea en 1947 un taller de cerámica en O Castro (Sada), deseñaba e realizaba figuras de porcelana en línea coa súa obra plástica. Dous anos despois, Díaz Pardo asóciase coas familias Nogueira y Rey e constituie "Cerámicas do Castro S.L.” embrión do “Grupo Sargadelos”.
Logo de experimentar técnicas e deseños diferentes, acadaron por reproducir en series moi limitadas figuras orixinais de artistas plásticos.

En 1955, dado o interese polo O Castro, Isaac viaxa a Arxentina e pón en marcha "Porcelanas de Magdalena, Celtia S.A", Alí conectou cos intelectuais galegos exiliados o final da Guerra Civil, coa intención de traballar pola memoria histórica, económica e cultural de Galicia creando con Luis Seoane o Laboratorio de Formas en 1963 coa asignación dun convenio con "Cerámicas do Castro S.L." para a restauración da cerámica en Sargadelos, a creación do Museo Carlos Maside e a editorial Edicións do Castro. Ese mesmo ano contitúese a sociedade "Fábrica de Cerámica de Sargadelos S.L"
Mentres O Castro en 1960, contruíu unha nova pranta incorporando deseños con motivos abstracto-xeométricos tomados do románico e do barroco galegos, ou as formas que gardan un paralelismo co simbolismo formal da arte románica.
Sargadelos
En 1968 inicianse as obras da Pranta Circular, en Cervo Lugo, deseñada polo arquitecto Andrés Albalat, novo membro do Laboratorio de Formas, comezando deseguida unha pequena producción con deseños de Seoane. Dando inicio a 5ª Etapa de Sargadelos que se convertiría no Grupo Sargadelos. A concepción deseñística está claramente diferenciada da etapa anterior. Tratábase de restaurar o espíritu de empresa do antigo Sargadelos, a súa concepción ética da empresa afastada de calquera tentación especulativa.
Son conceptos do noso tempo, máis en consonancia coa realidade diferenciada e esencial do carácter galaico.
A elaboración das obras de porcelana de Sargadelos segue un minucioso proceso no que se coida a calidade ata o máis pequeno detalle.


Figura de Santiago a cabalo e Voluta Sargadelos na actualidade
Vaixela de forma paxárica Xogo de café con relieve de cunchas
Don Quijote e Sancho Detalle de vaixela espiroide

Ramos de lois Seoane Figuras antropomórficas e Castelao

No hay comentarios:

Publicar un comentario