Premios do audiovisual galego
Costa da Morte recibe un novo premio en Iberoamérica
Documental experimental realizado por Lois Patiño
O xurado destacou que o filme “desenvolve unha proposta onde se reúnen o rigor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade .
“ A pegada dos avós”
Un documental galego “ A pegada dos avós” sobre a represión franquista premiado en Latinoamérica
O documental galego de Abad, rodado entre A Coruña e Ferrol, competía con outros 17 traballos de Porto Rico, Arxentina o Chile.
7 rapaces galegos escollidos ó azar retroceden duas xeneracións en 67 minutos para escoitar, de boca dos represaiados, o relato vivo da represión franquista máis fera. “A pegada dos avós”, documental trilingüe -galego, castelan e inglés- de Xosé Abad sobre a Guerra Civil española foi premiado no “ VIII Encuentro Hispanoamericano de Cine y Vídeo Documental Independiente”, un dos grandes escaparates para a denuncia visual de América Latina que se fallóu na capital mexicana.
Premios mestre Mateo do audiovisual galego
Supoñen unha serie de actividades de promoción, celebración e reivindicación de que na sociedade galega existe un audiovisual activo.
Os membros da Academia escollen democráticamente aqueles traballos colectivos e individuais que lles parecen os mellores, dentre todolos realizados e presentados no ano anterior.
O audiovisual galego levanta a súa voz. O sector reclamóu máis axudas na entrega dos premios Mestre Mateo en A Coruña.
O filme somos xente honrada convírtese na gañadora da XII edición dos premios Mestre Mateo, celebrada na Coruña.
«Somos xente honrada» logrou os premios ó mellor longometraxe e dirección -Alejandro Marzoa- mellor guión-Miguel Ángel Blanca e Alejandro Marzoa-, actor protagonista -Miguel de Lira- e de reparto -Ricardo de Barreiro-, e maquillaxe e peluquería -Susana Veira y Erea Pérez-.
No hay comentarios:
Publicar un comentario