martes, 10 de diciembre de 2013




                                                          COVAS
A maioría de vós, non conocedes COVAS, é unha aldea a 10 km de Ferrol, pequena, con xente moi peculiar, (hai que darlles de comer aparte), pero téñolles cariño xa que son moitos os que levamos xuntos. Ë unha península rodeada de praias cada cal máis fermosa unas 10 ou 12 ¡As tería que contar!. Alí paso os veráns cos meus, dende hai 17 anos, e si ninguen lle pon a proa, penso pasalos toda miña vida. Meus irmás din que Covas é o PARAISO, e penso que teñen razon, alí pasei os mellores momentos, alí teño os mellores amigos, alí coñocin o amor..... e xa es´ta ben de contaros miñas interioridades por agora xa que nos acabamos de coñecer.
Hoxe os falarei dunha desas prais tan bonitas que ten Covas. ¡SANTA COMBA! E con ela súa ermida.

É unha praia rectilínea, a súa extensión é de 1.500 metros, de area branca, con forte ondas batindo nas rochas, ideal para o surf.


Sabedes que a praia de santa Comba está incluída na ruta dos naufraxios?

A maxestosa e misteriosa Praia de Santa Comba, moitas noites de inverno se some nunha estraña néboa, que provoca un gran número de naufraxios.
Un deles foi o do barco de vapor inglés Highland Warrior. 3 de outubro de 1.914 o navío internouse no medio da néboa e, cando a tripulación quixo decatarse, apareceu inexplicablemente encaixado nas pedras denominadas "Cabalos de Prior". O barco transportaba 200.000 libras esterlinas en ouro e 29 pasaxeiros, que foron rescatados.

Sexa como sexa o saber popular, o certo é que a praia de Santa Comba, cos seus illotes, a súa ermida e as dunas próximas, é un tesouro natural de beleza espectacular que non podedes deixar de visitar.


Santa Comba ten tres illas, na do medio está a Capela de Santa Comba. Sinxela ermida románica, de planta rectangular con cuberta a dúas augas. Muros de cadeirado. Posúe unha soa nave. Sufriu recentes restauracións. É un antigo lugar de romeiros, que dende o século XII ata os nosos días acoden en peregrinación, no último domingo de agosto, a dar mostras de devoción popular. Coa marea baixa,e só con ella pódense achegar á illa da ermida.

Conta a lenda que a imaxe da Santa, acompañada do o seu fillo San silvestre, viño polo mar, navegando sobre as ondas nunha barca de pedra. Nin vela nin remos necesitou para chegar ata aquí. Debía saber moi ben o que quería e elixiu un lugar deserto e illado, de gran beleza.

Preto da capela consérvase a barca da Santa. O
u como diriamos os galegos "unha grande pía de pedra", posiblemente utilizada antigamente como faro usándoa para facer unha cacharela orientativa. ( tamén se cre que puido ser un sarcófago).Varias veces intentaron trasladala pero nunca se deixo, pois din que canto máis trataban de movela, máis se afundía na terra. Non será que a barca quere estar xunto á ermida por se á Santa se lle ocorre navegar de novo?





Reprodúzcovos aquí algunha das cantigas.


Santa Combiña Bendita
ten un navío no mar;
quen cho dou,
quen cho daría
listo para navegar.

Santa Combiña Bendita
que estás no medio da isla,
dache o vento,
dache o frío
e levántache a camisa.

Santa Combiña Bendita
vela aí vai pola ribeira,
collendo rosas e flores
e meténdoas na faltriqueira.



Xa sei o o que estades pensando, marabillosa, pero non ir, seguir indo a Cabañas, Doniños, deixarnos para os cabacheiros as nosas praias solitarias,porque para ser cobacheiro fai falta moito tempo, moitísimo, e iso non se gaña nun día.


miércoles, 4 de diciembre de 2013


Máis de 25.000 persoas esixen carga de traballo para Navantia en Ferrol (01/12/2013)


Asia lévase os buques de Gas Natural e 'afoga' os estaleiros Din que os motivos da elección dos estaleiros de Asia foron 'técnicos e económicos', pero parece ser, que Navantia "non" chegou a presentar unha oferta en firme"

Aos directivos de Navantia tíñalles que caer a cara de vergoña.

A principios dos oitenta, Ferrol chegou a alcanzar 91.739 veciños, nos últimos trinta anos, Ferrol perdeu 20.000 habitantes e continuará, como consecuencia da marcha obrigada de centenares de traballadores, pois o traballo esgotarase por completo en menos dun mes.

Sen traballo Navantia pode morrer e detrás vai toda a comarca".

Ningún goberno, nin do PSOE, nin do PP nunca moveron un dedo polo noso naval

Vivimos xa dúas reconversións industriais, a primeira nos anos 80 con Felipe González no goberno a vella Astano foi sacrificada, ao prohibírselle a construción de barcos para a mariña civil, veto que se levantará aínda no 2015.. Todo para entrar na UE. Había outros asteleiros, pero tocounos a nós

Felipe González como andaluz que é, os asteleiros do sur foron intocables.

No anoi 2004 a UE declara ilegais unhas axudas estatais concedidas aos estaleiros públicos por importe de 1.200 millóns de euros, e forza a última reconversión naval
Navantia estaría dedicada principalmente á construción de barcos militares, aínda que podería dedicar un 20% da súa facturación ao mercado civil, pero ó final Europa Xóganola de novo e non deixa nin o 20%. O que evitou ter que devolver as axudas declaradas ilegais.

E que pasa cos barcos militares?

Pero con a crisis, rebaixan o presuposto militar e non hai barcos. E se iso fose pouco desmantelaron xa hai tempo as instalacións militares de Ferrol.

Non consentiremos unha terceira reconversión

"A reconversión naval dende os 80 foi continua”.
Aquí houbo expedientes de prexubilación en 1999 e 2004 e perdemos uns 2.000 traballadores entre un expediente e outro.”
Isto significa que ningún Goberno apostou por un sector estratéxico como é o naval e por unha empresa que é un piar da economía da bisbarra”

E qué fai o PP?
Pois como os outros, nada , promesas e máis promesas que non cumpre: A sexta fragata, un dique flotante, gaseiros….
O poder político vai sendo hora que deixe :

" De ter abandoado" o sector naval, “a súa actitude "submisa" ante Bruxelas e ante os "poderes económicos" e grandes empresas como Repsol e Gas Natural que "negan o pan aos asteleiros ferroláns.
                                    ¡Non deixaremos morrer Ferrol ¡
                                    ¡Xa está ben de tomarnos de coña”!

                                Ferrol está disposto. Disposto pra loitar

miércoles, 27 de noviembre de 2013


Quérovos contar que é para min Galicia


Galicia é sobre todo SENTIMENTO
Galicia é miña terra. Como di Rosalia.” Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,......
A miña nai emociónase cando recita este poema, e tantos outros.
Nacín en Galicia , son galego, e estou orgulloso.
Como din “os limones “ Aquí nacín , e aquí quero quedarme, donde teño miña xente, miña familia, meus amigos..., todo o que me importa e necesito
Qué máis podo querer? O aire está limpo, o campo verde sempre, inverno e verán.
E como se come? Mellor que en ningún sitio, marisco , peixes, empanada, polbo, non sigo que teño fame.
E que me decides das prais? Non as hai máis bonitas , a auga limpa , a area branca . Vouvos subir
ao blog a praia de Santa Comba en Covas. Non víchedes xamáis unha praia tan fermosa.
Son galego, e como unha nai quere o seu fillo, así quérolle eu a Galicia.


Agora ben, si me din, si quero unha Galicia, illada ,soa, independente, digo NON,NON, NON.
Porque a unión fai a forza.
Galicia coa súa cultura, idioma e costumes e demais características, e xunto coas outras 16 autonomías enriquecen e forman parte dun País grande, con moitos defectos , pero que temos que aprender a querer sin complexos, cunha bandeira, que ten que ser de todos chamado España

MONUMENTOS FUNERARIOS MEGALÍTICOS

Relacionados cos castros e toda a súa cultura tamen temos os monumentos megalíticos
Vouvos dar un exemplo

Dolmen de Axeitos: Está na parroquia de Oleiros, en Ribeira, cerca das dunas de Corrubedo.
¿As conocedes? Son moi grandes , En Corrubedo, conta miña nai que a guarda civil deulle unha tumba nunha manifestación.
Coñocido como o "Partenón galego", oriéntase hacia o leste como case todos.
<hai que ter imaxinacion, o Partenón non o vexo

CRIATURAS MITOLOXICAS
En Galicia , hai moitas criaturas mitolóxicas, algunhas ligadas ó ben e outras ó mal. Tráiovos algunhas.
Apalpador: É unha figura mitolóxica ligado á tradición do Nadal. Din que baixa o 31 de decembro , toca o bandullo os nenos, para ver si comeron o suficente durante o ano, deixándolles un regalo. Ven sendo como o Santa Claus galego
Lavandeira: Cuidado coas noites de lúa chea si vades pola beira dun río, pois pódensevos aparecer. Son mulleres que morreron no parto ou deixaron morrer os seus fillos sen bautizalos . Pode que os pidan axuda para lavar e retorcer as sabas manchadas de sangue, acordádevos tedes que facelo , se non trae mala sorte e incluso a morte.
Non se andan con coñas

Diaño:
é o demo moi presente na mitiloxía popular galega.
Hainos por todas partes

Meiga:
é unha muller que fai maxia ademáis de menciñeira. Diferénciase da bruxa que ista é mala e trata co demo e a meiga é unha muller da aldea de idade, ven sendo como a curandeira dos druidas.
Eu non creo nas Meigas, mais habelas hainas.

A PEDRA DE ABALAR (Lenda)
Contan os veciños do lugar unha lenda da virxe, parece ser que arribou á Costa da Morte
e os restos da súa embarcación atopáronse por toda a zona. Din ca pedra da abalar é o timón, xa fai falla imaxinación. Din que esta pedra non se move cando un quere, nin con forza, so se move cando os que suben nela non teñen pecados mortais, oíndose o ruído nun quilómetro á redonda. Débese mover pouco

San Andrés de Teixido ( lenda)

quen vai de morto o que non foi de vivo”

Un día San Andres queixose ao Noso Señor porque ao seu santuario non ían peregrinos e á tumba de Santiago sí, e el tamen facía milacres. O Señor díxolle que polo menos unha vez na vida todo mundo tiña que ir, se non ía de vivo, tería que ir de morto. Por iso a xente non mata os animaliños que atopan polo santuario, xa que a lenda di que son as almas dos que non foron en vida.
Coa miga do pan se fan Sanandresiños, figuras propias da romería : a man: protexe o amor; o peixe : o traballo; a barca: os viaxes, os negocios, a casa; O santo: protexe a saude;
o pensamento: os estudios
A miña nai conta que a miña bisavóa, que non era moi relixiosa, e non saía nunca de casa, ía todos os anos a San Andrés. O medo é libre



O Torques (tradicións)
Representa o estatus da persoa e según o seu rango, o levaban de bronce, plata ou ouro, e o guerreiro co perdía por moi armado que estivese , considerábase vencido.


A árbore celta
Astrología Druida
A árbore para os celtas é símbolo da cencia e neles gravaron os textos célticos antigos, de forza e de vida. Cada un ten unha historia propia. Ainda agora en moitos países se cultivan para que lles protexan., xa que pensan que teñen influenzas máxicas.
Os druidas consideraban as árbores sagradas, tiñan alma e concencia e con eles crearon un horóscopo, tiñan 21 árbores sagradas;( abeto, olmo, salgueiro, piñeiro, carballo, carpe, filgueira, maceira....
cada período do ano estaba rexido pou unha árbore, e tiña a súa protección, e as súas enerxías
Así, por exemplo o meu sería o Carpe
Carpe (Hornbeam) 4 Junio a 13 Junio

Os seus froitos son unhas pequenas noces
Carpe, signo da beleza e bo gusto, con gran sentido da estética, espíritu libre que atopa a beleza nas cousas sinxelas e fermosas da vida. Son moi disciplinados, triunfan en todo o que emprenden, rematan todos os proxectos, son organizados. Son moi confiadas, amigables, pero cando os traizoan é moi difícil que volvan confiar.
Non son egoistas, son románticos.....

Páreceme que non me vexo moi representado.

SAMAIN (festas)


Esta festa, (o 1 de novembro) representaba o ano novo das bruxas e producíase a comunicación entre os vivos e os mortos.
Como case todas as festas celtas e en xeral pagáns, persisten no mundo cristián ( festa de Todos os Santos), ainda que algúns non o creades todas as festas relixiosas, podémolas atopar no mundo pagano, é dicir antes de Cristo.¡ nos estarán tomando o pelo coa relixión!
Recórdase e honra aos seres queridos que xa non están.
Nestas festas hai moita relación coa natureza, o sol perde forza, polo tanto menos luz, e todo crece máis lentamente, xa que estas festas tiñan relación coa agricultura. Acéndense lumes para chamar os espíritus, e abrir as portas do máis alá, e eisí fundirse os mortos cos vivos.




O blog de Pablo

Eu son un rapaz que me sento ferrolano, galego e español, e non consinto que me falen mal de Ferrol, Galicia e España.
Agora toca falar de Galicia

Galicia é un lugar no que convive o mundo real co fantástico. Aquí atoparédes as dúas historias, a Galicia imaxinaria, contos, lendas, mitos e aventuras que siguen vivindo, por moito que o tempo pase, na nosa memoria. E a dura e cruda realidade.

Empecemos xa.

Hoxe toca falar dos castros, e de todo o mundo que o rodea, festas, tradicións, druidas, lendas, árbores máxicos, criaturas mitolóxicas, meigas, monumentos funerarios....

Os Castros
Son poboados fortificados da época prerromana, moitos exitiron ata a Idade Media. Eran aldeas rodeadas dunha muralla, e para defenderse millor estaban nun alto, as súas casas eran de pedra, sin ventás e circulares e con tellado de palla, nelas compartían a vida as persoas e os animais.
En Galicia hai moitos, os mais importantes:

Castro de Baroña: O castro maritimo, situado preto de Porto do Son, entre Noia e Ribeira, na provincia da Coruña.
Castro de Santa Tecla. Outro dos castros mellor conservados. Situado no monte de Santa Tecla, na Garda (pontevedra).
Castro de Viladonga: Situado en Castro de Rei (Lugo), é un dos máis bonitos, cun Museo.

Na zoa de Ferrol, tamen temos: Illa de Santa Comba (Covas); Croa de Fontá (Doniños);
Esmelle e Tralocastro (Esmelle); A Croa (Leixa); Mandía (Bustelo-Mandía); Os Castros (Fraga-Mandía); Lobadiz ou Punta do Castro ; Papoi (Marmancón); Santa Mariña (Serantes);
O Calvario (Icia-Trasancos).
Hai mais , pero non é cuestión de cansarvos.
Como eu veraneo en Covas contareivos que na Illa de Santa Comba no ano 2001, Andrés Pena Graña, arqueólogo, atopou un disco duns 4 cm de diámetro e no centro un furado pequeno, posiblemente do século I d.C., cun epígrafe adicado á deusa Reva,: Deusa suprema asociada á xustixa e a morte. Tamen existe unha lenda pero iso o deixo para outro capítulo.