A
xuventude ten que ter especialización formativa das Universidades
galegas e buscar a excelencia internacional.
A
Educación é moi importante. Invertir en educación é a mellor
inversión que pode facer un Estado. Pero, para que sexa rentable, os
Plans Educativos, séus contidos e a súa posta en práctica debe
acadar que os estudantes, obteñan, ó finalizar, unha capacidade
centífica e persoal que lles permita a súa integración
cualificada.

A
educación non pode ser un problema de cartos.
Hai
que recuperar unha parte importante dos traballadores especializados
galegos, preparados en Galicia, que están fóra e amosan desexos de
retornar.
Hai
que facer un lei de emprendedores que facilite os trámites de
constitución e reducir as cargas tributarias dos primeiros
exercicios.
Hai
uns 20 anos Galicia
saíu da pobreza grazas á industria,
pero unha industria excesivamente pegada ao mecánico, ao sector do
automóbil, ao naval. Esas industrias ou se redefinen ou non van ter
moito futuro.
Galicia
ten moitas posibilidades de facer cousas. A industria agroalimentaria
funciona moi ben. Galicia ten moito que ofrecer, a economía de hoxe
está globalizada, o desafío para Galicia é vender esas vantaxes
que ten a nivel local nun mercado global. Hoxe Galicia está nunhas
condicións para axudarse a si mesma moito máis importantes que as
que tiña antes.
Cambio
de modelo no rural", que non condene o minifundio pero o
reinvente. "Hai que reinventar o medio rural, realzar por
exemplo a agricultura ecolóxica e dar paso á enxeñaría comercial,
sabemos producir, pero non sabemos vender".
No hay comentarios:
Publicar un comentario