Efectos
da nova Lei de Costas
Non
ó eucalipto, acabaronse as celulosas.

A
ampliación da concesión a ENCE na Ría de Pontevedra, decisión
que xa non será cuestión da Xunta senón que se tomará en Madrid.
(A Xunta prometeu que ENCE deixaría de contaminar a bisbarra no
2018 ). Agora é posible que quede 35 anos máis. E dentro de 35
anos...
Se a papeleira queda, quedarán os eucaliptos que a alimentan, o cal é unha catástrofe ambiental e económica para Galicia.
Se a papeleira queda, quedarán os eucaliptos que a alimentan, o cal é unha catástrofe ambiental e económica para Galicia.
Os
eucaliptos no son malos, son inda peores. Dende un punto de vista
ecolóxico, porque desprazan as especies autóctonas, deixan o monte
morto.
Pero
dende un punto de vista económico, son rendibles a curto prazo para
os productores pero non a sociedade.
¿Por
que? NON XENERAN POSTOS DE TRABALLO. Os eucaliptos casi que non
precisan de mao de obra: plántanse un día e alí os deixas estar
ata 15-20 anos despois, que os cortas.
¿Cantos
postos de traballo da ENCE? 300? Só co dano que fai no sector
turístico e pesqueiro da Ría de Pontevedra, podemos dicir que ENCE
quita máis postos de traballo e máis riqueza da que aporta (o
producto que obtén é de moi baixo valor engadido. É cargado no
porto de Marín e o papel faise fora).
Agora
dígovosvos rapaces:
¿Cantos postos de traballo se crearían se retirásemos os
eucaliptos e os sustiuíramos por frutáis?
A
costa galega ten condicións fabulosas para cultivar gran número de
especies, dende a laranxa na bisbarra do Rosal, ó kaki, o kiwi, a
pereira, a ma ceira, as avelairas… E no interior, os castiñeiros,
as noguerias, as cerdeiras, os pexegueiros…
Os
frutais precisan de moita mao de obra, hai que traballar a terra,
limpala, e coidar as árbores, recoller a froita… Iso son moitas
horas de traballo ano tras ano, nada que ver co eucalipto, que o
plantas e alí se queda. Se ENCE xenera postos de traballo, que dicir
da industria transformadora alimentaria que podería xurdir nesta
terra tan fértil como mal aproveitada.
Ademáis,
cómpre lembrar que moitas leiras que agora están de eucalipto,
foron hortas e terras de labor. Se antano tiñan tomates, patacas,
pementos…non sei por que, tras unha labor de rexeneración da
terra, non poderían volver a telos.
E
estou falando de productos , que dan colleitas todo o ano, dos cales
existe ampla demanda na Europa, que poderíamos exportar aproveitando
as vías marítimas. Deixarían moitos máis cartos na sociedade
galega que a madeira barata, despois de pagar uns salarios que tamén
quedarían nesta sociedade (duplo beneficio).
E
as árbores terían, o fin do seu ciclo productivo, unha valor
residual maior ca do eucalipto (moitas especies, como a cerdeira, o
castiñeiro ou a nogueira ten unha gran aceptación en ebanistería).
Son
todo vantaxes para Galiza.
Bastaría
con transformar a metade das extensións de piñeiro e eucalipto en
cultivos, para convertirnos na despensa de Europa.
Temos
sol no vrao e choivas espalladas todo o ano, nas medidas perfectas
para moitas especies. Pódese dicir que temos o clima perfecto para a
agricultura, isto podería, tería que ser un verxel, e non o inferno
no que o convertiron as celulosas.
Unha
metade a producir comida (artigo con moito futuro). E a outra metade,
reforestar con especies autóctonas, rexenerando os ecosistemas e
prantando a semente do que sería unha sólida industria turística
de xentes que viñeran admirar a nosa terra (agora mesmo da entre
noxo e mágoa, é unha vergoña o que temos que amosar os
visitantes).
Podemos
seguir como estamos, con eucaliptos como un país do terceiro mundo (
non hai eucaliptos en ningún outro rincón de Europa ), con paro,
despoboamento do rural, emigración, pobreza…
No hay comentarios:
Publicar un comentario