sábado, 17 de mayo de 2014

Camiñante,son as túas pegadas
o camiño, e nada máis;
camiñante, non hai camiño,
faise camiño ao andar.
Ao andar faise camiño,
e ao volver a vista atrás
vese a senda que nunca
hase de volver pisar.
Camiñante, non hai camiño,
senón estelas no mar. (
Antonio Machado)
Onte á noite soñei que soñaba contigo
unha vez mais soñei que soñaba
GALICIA NO FUTURO
Despois dun longo sono de 50 anos ó que Xocas sometérase voluntariamente para probar unha nova tecnoloxía de hibernación, atopou unha Galicia ben distinta a que deixara.
O espertar informárono, de que iría ver cousas que habíanlle de resultar moi estrañas e que eran produto dunha profunda e longa crise que trocara mesmo a mentalidade das xentes, a súa visión do mundo, en definitiva, o seu modo de vida, polo tanto ia atopar valores que podíanlle resultar estraños pero que non os discutira porque todos eles tiñan producido feridas que estaban a curar.
Mentres durou a crise en Galicia a poboación xoven maioritariamente foi emigrante na Europa do norte, facéndose cos avances tecnolóxicos dos suecos, fineses, alemáns, británicos e holandeses e tamén cos seus hábitos de traballo. Coma consecuencia disto a poboación residente pasou a ser a mais envellecida do planeta e o PIB galego descendeu un 10% cifra abraiante para os economistas. O gasto público houbo de reducirse polo colapso dos ingresos públicos até o punto de atender o sector público sómente a educación e a saúde, amén das forzas e corpos de seguridade o exército e xustiza.
O chamado Eixo Atlántico era unha realidade, partindo da Cidade das Rías que denantes fora Ferrolterra e mais A Couña-Betanzos unidas agora por dúas pontes unha entre as dúas beiras da boca da Ria de Ferrol e outra entra as da ría de Ares-Betanzos continuaba con dúas polas cara o norte de Portugal, unha polo centro pasando por Santiago e outra pola costa da norte. Os portos dende Douro até Ferrol convertéranse na nova Porta Atlántica da Europa dos cincuenta que encomezaba no Atlántico e remataba no mar da China. O comercio con América Latina multiplicárase por dez debido o pulo que as súas economías tiveran nos derradeiros vinte anos.
Ó fin probouse, indubidablemente, que Colon –o gran almirante- era, na realidade, de Pontevedra con gran cabreo dos Genoveses .
Tíñase producido a consolidación dos Camiños de Santiago coma eixo cultural europeo, tanto por cristiáns coma agnósticos e pagáns de toda caste, sen cuestionar ninguén se Xacobo o fillo do Zebedeo ficaba ou non soterrado na catedral.
A poboación seguía a ser maioritariamente católica, aínda que sentíase unha forte presenza de xudeus (acollidos en diversas modificacións legais) e que aportaran unha importante tecnoloxía agraria, sendo como era agora parte importante tanto na ocupación de poboación como na súa participación no PIB. A diferencia mais salientable era que as mulleres misaban en número incluso superior os homes e notábase que o Arte, a música, tradicións relixiosas e festas populares tíñanse mesturado de tal xeito que non se distinguían credos nin cores.
Producírase unha ampla simplificación política o congreso do estado, agora federal, tiña só 7 representantes galegos e o senado desapareceu. O parlamento galego tiña outros sete representantes para semellar os sete sabios gregos e os elexidos recaeran en xentes honradas e dedicados a causas colectivas, serios administradores e defensores do ben común, cada ano a súa xestión era sometida a consulta popular e , no seu caso, substituídos por outros sen mais trámite.
A poboación despois de trinta anos volvera a limites dos anos 20 (do século XXI). Situarase no nivel dos dous millóns oitocentos mil galegos con un PIB de cen mil millóns de euros novos –a moeda europea sufrirá unha devaluación do 30% para se poñer a beira do dolar americano- co que o pIB per cápita practicamente dobrarase con respecto a súa época de vida anterior.
Unha grande parte do territorio que tiña diminuído preto de dous mil Km2 por mor da subida dos mares co quecemento global, adicábase a reserva da biosfera e grandes territorios volveran a ser fragas e carballeiras que, xunto con outras madeiras supuñan unha porcentaxe alta do PIB que xa se tiña recuperado de forma sostenible.
As finanzas trocaran totalmente, isto foi unha condición imprescindible a que se chegou para rematar coa profunda crise. Mesmo profesións coma bróker financeiro, arbitrista de divisas, axencias de cualificación, mercados de futuros e un longo etc foran levados internacionalmente coma ilícitos penais os respectivos Códigos Penais a mesma altura que os tráficos de armas, persoas e narcóticos. Moitos dos seus principais dirixentes tanto nacionais coma internacionais remataran cos seus osos na cadea, previa nacionalización dos seus inmensos patrimonios. Curiosamente o banco mais antigo da España o Echeverrria (agora chamado Casanova) convertérase na primeira das novas institucións financeiras de apoio a economía e a produción -tíñase perseguido legalmente que a economía financeira medrase por riba da produción real vistos as argalladas do pasado- e xunto coas cooperativas agrícolas constituían o 90% do enramado financeiro de Galicia.
Reformárase, tamén, a Xustiza como eixo fundamental -así o entendía a nova cultura imperante- para poder falar de Democracia. Fixérase gratuíta, universal e, anque pareza un contrasentido, autenticamente xusta. As novas tecnoloxías permitirán axilizar os procesos con menos persoal que, ademais xa non tiña carácter vitalicio senón que tiña que probar no día a día a súa valía –isto estendeuse a tódolos sectores da produción e os servicios- sentimento que era compartido por todos e que, dicían, costara grandes algaradas nas rúas.
A produción era prioritaria o seu eixo fundamental a calidade. Fabricábanse tódolos derivados da madeira, agás o papel – o consumo reducirase un 90 por cento por mor das novas tecnoloxías- e tamén se tiña desenrolado a industria agro alimentaría que gozaba dun enorme prestixio a nivel mundial. Tanto a fabricación de vehículos, agora maioritariamente eléctricos os de pequeno porte e con motores de hidróxeno os mais pesados, coma a construción naval tíñase desenrolado enormemente e con grandes avances tecnolóxicos e baseados na súa calidade e respecto o medio ambiente. As flotas veranse obrigadas a substituíren os seus barcos contaminantes por novo barcos con outras seguridades posto que os barcos que non tiñan estes requisitos non recibían autorizacións para arribar a ningún porto do mundo.
A xornada de traballo reducírase a trinta horas efectivas semanas e cen horas anuais dedicadas a formación que podía ser tanto humanística coma tecnolóxica. Pola contra as horas de baixa laboral tíñanse que recuperar fora cal fora a causa. Os sindicatos perderan tanta credibilidade entre os traballadores que foran substituídos por organización profesionais que defendían os intereses dos traballadores e velaban directamente polo cumprimento de produtividade e as condicións de saúde e hixiene laboral.
Por último os estudantes para acceder os estudos superiores tiñan que ter demostrada unha experiencia laboral en, ó menos, tres sectores distintos da produción. Estas prácticas eran fortemente demandadas polas empresas que estaban obrigadas legalmente a manter unha proporción de estudantes sobre o total do seu persoal. Esta situación dábase tamén para os que se dedicasen a investigación que, por certo, tiña adscritos fondos directos que administraban as propias Universidades, retirándoos dos ventos políticos.
Así podería ser a Galicia do futuro.
Si queremos, podemos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario