sábado, 17 de mayo de 2014

Camiñante,son as túas pegadas
o camiño, e nada máis;
camiñante, non hai camiño,
faise camiño ao andar.
Ao andar faise camiño,
e ao volver a vista atrás
vese a senda que nunca
hase de volver pisar.
Camiñante, non hai camiño,
senón estelas no mar. (
Antonio Machado)
Onte á noite soñei que soñaba contigo
unha vez mais soñei que soñaba
GALICIA NO FUTURO
Despois dun longo sono de 50 anos ó que Xocas sometérase voluntariamente para probar unha nova tecnoloxía de hibernación, atopou unha Galicia ben distinta a que deixara.
O espertar informárono, de que iría ver cousas que habíanlle de resultar moi estrañas e que eran produto dunha profunda e longa crise que trocara mesmo a mentalidade das xentes, a súa visión do mundo, en definitiva, o seu modo de vida, polo tanto ia atopar valores que podíanlle resultar estraños pero que non os discutira porque todos eles tiñan producido feridas que estaban a curar.
Mentres durou a crise en Galicia a poboación xoven maioritariamente foi emigrante na Europa do norte, facéndose cos avances tecnolóxicos dos suecos, fineses, alemáns, británicos e holandeses e tamén cos seus hábitos de traballo. Coma consecuencia disto a poboación residente pasou a ser a mais envellecida do planeta e o PIB galego descendeu un 10% cifra abraiante para os economistas. O gasto público houbo de reducirse polo colapso dos ingresos públicos até o punto de atender o sector público sómente a educación e a saúde, amén das forzas e corpos de seguridade o exército e xustiza.
O chamado Eixo Atlántico era unha realidade, partindo da Cidade das Rías que denantes fora Ferrolterra e mais A Couña-Betanzos unidas agora por dúas pontes unha entre as dúas beiras da boca da Ria de Ferrol e outra entra as da ría de Ares-Betanzos continuaba con dúas polas cara o norte de Portugal, unha polo centro pasando por Santiago e outra pola costa da norte. Os portos dende Douro até Ferrol convertéranse na nova Porta Atlántica da Europa dos cincuenta que encomezaba no Atlántico e remataba no mar da China. O comercio con América Latina multiplicárase por dez debido o pulo que as súas economías tiveran nos derradeiros vinte anos.
Ó fin probouse, indubidablemente, que Colon –o gran almirante- era, na realidade, de Pontevedra con gran cabreo dos Genoveses .
Tíñase producido a consolidación dos Camiños de Santiago coma eixo cultural europeo, tanto por cristiáns coma agnósticos e pagáns de toda caste, sen cuestionar ninguén se Xacobo o fillo do Zebedeo ficaba ou non soterrado na catedral.
A poboación seguía a ser maioritariamente católica, aínda que sentíase unha forte presenza de xudeus (acollidos en diversas modificacións legais) e que aportaran unha importante tecnoloxía agraria, sendo como era agora parte importante tanto na ocupación de poboación como na súa participación no PIB. A diferencia mais salientable era que as mulleres misaban en número incluso superior os homes e notábase que o Arte, a música, tradicións relixiosas e festas populares tíñanse mesturado de tal xeito que non se distinguían credos nin cores.
Producírase unha ampla simplificación política o congreso do estado, agora federal, tiña só 7 representantes galegos e o senado desapareceu. O parlamento galego tiña outros sete representantes para semellar os sete sabios gregos e os elexidos recaeran en xentes honradas e dedicados a causas colectivas, serios administradores e defensores do ben común, cada ano a súa xestión era sometida a consulta popular e , no seu caso, substituídos por outros sen mais trámite.
A poboación despois de trinta anos volvera a limites dos anos 20 (do século XXI). Situarase no nivel dos dous millóns oitocentos mil galegos con un PIB de cen mil millóns de euros novos –a moeda europea sufrirá unha devaluación do 30% para se poñer a beira do dolar americano- co que o pIB per cápita practicamente dobrarase con respecto a súa época de vida anterior.
Unha grande parte do territorio que tiña diminuído preto de dous mil Km2 por mor da subida dos mares co quecemento global, adicábase a reserva da biosfera e grandes territorios volveran a ser fragas e carballeiras que, xunto con outras madeiras supuñan unha porcentaxe alta do PIB que xa se tiña recuperado de forma sostenible.
As finanzas trocaran totalmente, isto foi unha condición imprescindible a que se chegou para rematar coa profunda crise. Mesmo profesións coma bróker financeiro, arbitrista de divisas, axencias de cualificación, mercados de futuros e un longo etc foran levados internacionalmente coma ilícitos penais os respectivos Códigos Penais a mesma altura que os tráficos de armas, persoas e narcóticos. Moitos dos seus principais dirixentes tanto nacionais coma internacionais remataran cos seus osos na cadea, previa nacionalización dos seus inmensos patrimonios. Curiosamente o banco mais antigo da España o Echeverrria (agora chamado Casanova) convertérase na primeira das novas institucións financeiras de apoio a economía e a produción -tíñase perseguido legalmente que a economía financeira medrase por riba da produción real vistos as argalladas do pasado- e xunto coas cooperativas agrícolas constituían o 90% do enramado financeiro de Galicia.
Reformárase, tamén, a Xustiza como eixo fundamental -así o entendía a nova cultura imperante- para poder falar de Democracia. Fixérase gratuíta, universal e, anque pareza un contrasentido, autenticamente xusta. As novas tecnoloxías permitirán axilizar os procesos con menos persoal que, ademais xa non tiña carácter vitalicio senón que tiña que probar no día a día a súa valía –isto estendeuse a tódolos sectores da produción e os servicios- sentimento que era compartido por todos e que, dicían, costara grandes algaradas nas rúas.
A produción era prioritaria o seu eixo fundamental a calidade. Fabricábanse tódolos derivados da madeira, agás o papel – o consumo reducirase un 90 por cento por mor das novas tecnoloxías- e tamén se tiña desenrolado a industria agro alimentaría que gozaba dun enorme prestixio a nivel mundial. Tanto a fabricación de vehículos, agora maioritariamente eléctricos os de pequeno porte e con motores de hidróxeno os mais pesados, coma a construción naval tíñase desenrolado enormemente e con grandes avances tecnolóxicos e baseados na súa calidade e respecto o medio ambiente. As flotas veranse obrigadas a substituíren os seus barcos contaminantes por novo barcos con outras seguridades posto que os barcos que non tiñan estes requisitos non recibían autorizacións para arribar a ningún porto do mundo.
A xornada de traballo reducírase a trinta horas efectivas semanas e cen horas anuais dedicadas a formación que podía ser tanto humanística coma tecnolóxica. Pola contra as horas de baixa laboral tíñanse que recuperar fora cal fora a causa. Os sindicatos perderan tanta credibilidade entre os traballadores que foran substituídos por organización profesionais que defendían os intereses dos traballadores e velaban directamente polo cumprimento de produtividade e as condicións de saúde e hixiene laboral.
Por último os estudantes para acceder os estudos superiores tiñan que ter demostrada unha experiencia laboral en, ó menos, tres sectores distintos da produción. Estas prácticas eran fortemente demandadas polas empresas que estaban obrigadas legalmente a manter unha proporción de estudantes sobre o total do seu persoal. Esta situación dábase tamén para os que se dedicasen a investigación que, por certo, tiña adscritos fondos directos que administraban as propias Universidades, retirándoos dos ventos políticos.
Así podería ser a Galicia do futuro.
Si queremos, podemos.



domingo, 11 de mayo de 2014

Galicia ten futuro?

A xuventude galega extínguese entre unha disxuntiva dramática: ou se ir en busca de traballo, ou vexetar no sofá dos pais.
E agora, políticos de merda, señorías corruptos , chegou a nosa hora, acabouse a corrupción, apéense das siglas e traballen e respondan con sinceridade: Con ustedes Ten futuro Galicia? NON

Pero sí, si a xuventude toma as riendas, se nós queremos, se nós loitamos polo noso, se nós preparámonos....

Se alguén pensa que o camiño seguido ata agora é o correcto, pois nada, podemos perder outro medio século facendo o mesmo, votando ós mesmos imbéciles e escuros,como di o noso himno.
Galicia ten que investigar,desenrolarse e innovar.

O futuro de Galicia pasa por unha sociedade do coñecemento, é dicir cencia e tecnoloxía teñen que ir xuntas, son a base da cultura e desenrolo dun Pais.
Hai que potenciar as ferramentas de colaboración entre grandes empresas con departamentos de I+D+i e empresas máis pequenas.
Galicia ten que apostar por un futuro que pasa pola investigación, o desenrolo e a innovación das súas empresas.
Contamos con unha serie de centros tecnolóxicos que dan apoio técnico para a mellora dos séus procesos e productos e garantir uns niveis de calidade para poder competir con éxito nos mercados máis esixentes do mundo.

A saida da crisis soio ten un camiño, as exportacións. As empresas teñen que aprender,(están empezando), a vivir sen crédito, é dicir sen apalancarse. A saida está vía exportación. Facérmonos máis competitvos, desgraciadamente pola baixada de salarios. E logo a innovación, apostar polo I+D.
É importate non vivir no pasado, a construción acabouse por moito tempo, temos que meternos en internet. E importante no vivir anclados no pasado, que en Galicia era a construcción. Pouco a pouco volverá o crédito ás empresas.
Unha preocupación, penso que a máis importante é a perda demográfica, é o problema máis grave como sociedade que ten Galicia, máis co paro. Se non hai reemplazo xeneracional, como sociedade podemos deixar de existir.
As sociedades prósperas, que van ben economicamente, non teñen a pirámide demográfica que nós. Penso que hai que executar un plan para cambiala, pois ningunha empresa montaríase con ista perda demográfica.




Galicia está nun lugar extratéxico para o tráfico dos portos, pero temos que fomentarlos, pois as súas comunicacións terestres deixan moito que desexar Este problema xa se sabía e os investimentos que se fixeron non o tiveron en conta. Os aeroportos seguen sen estar conectados. O AVE de Madrid parece pensado para que os de Madrid veñan aquí á praia e a comer marisco. Non temos un AVE de mercadorías. Non se está a pensar en tecer esas comunicacións para converter a Galicia nun lugar con algo de futuro.
A xuventude ten que ter especialización formativa das Universidades galegas e buscar a excelencia internacional.

A Educación é moi importante. Invertir en educación é a mellor inversión que pode facer un Estado. Pero, para que sexa rentable, os Plans Educativos, séus contidos e a súa posta en práctica debe acadar que os estudantes, obteñan, ó finalizar, unha capacidade centífica e persoal que lles permita a súa integración cualificada.
A educación non pode ser un problema de cartos.

Hai que recuperar unha parte importante dos traballadores especializados galegos, preparados en Galicia, que están fóra e amosan desexos de retornar.

Hai que facer un lei de emprendedores que facilite os trámites de constitución e reducir as cargas tributarias dos primeiros exercicios.
Hai uns 20 anos Galicia saíu da pobreza grazas á industria, pero unha industria excesivamente pegada ao mecánico, ao sector do automóbil, ao naval. Esas industrias ou se redefinen ou non van ter moito futuro.
Galicia ten moitas posibilidades de facer cousas. A industria agroalimentaria funciona moi ben. Galicia ten moito que ofrecer, a economía de hoxe está globalizada, o desafío para Galicia é vender esas vantaxes que ten a nivel local nun mercado global. Hoxe Galicia está nunhas condicións para axudarse a si mesma moito máis importantes que as que tiña antes.

Cambio de modelo no rural", que non condene o minifundio pero o reinvente. "Hai que reinventar o medio rural, realzar por exemplo a agricultura ecolóxica e dar paso á enxeñaría comercial, sabemos producir, pero non sabemos vender".
Efectos da nova Lei de Costas
Non ó eucalipto, acabaronse as celulosas.
A ampliación da concesión a ENCE na Ría de Pontevedra, decisión que xa non será cuestión da Xunta senón que se tomará en Madrid. (A Xunta prometeu que ENCE deixaría de contaminar a bisbarra no 2018 ). Agora é posible que quede 35 anos máis. E dentro de 35 anos...
Se a papeleira queda, quedarán os eucaliptos que a alimentan, o cal é unha catástrofe ambiental e económica para Galicia.

Os eucaliptos no son malos, son inda peores. Dende un punto de vista ecolóxico, porque desprazan as especies autóctonas, deixan o monte morto.
Pero dende un punto de vista económico, son rendibles a curto prazo para os productores pero non a sociedade.
¿Por que? NON XENERAN POSTOS DE TRABALLO. Os eucaliptos casi que non precisan de mao de obra: plántanse un día e alí os deixas estar ata 15-20 anos despois, que os cortas.
¿Cantos postos de traballo da ENCE? 300? Só co dano que fai no sector turístico e pesqueiro da Ría de Pontevedra, podemos dicir que ENCE quita máis postos de traballo e máis riqueza da que aporta (o producto que obtén é de moi baixo valor engadido. É cargado no porto de Marín e o papel faise fora).

Agora dígovosvos rapaces: ¿Cantos postos de traballo se crearían se retirásemos os eucaliptos e os sustiuíramos por frutáis?
A costa galega ten condicións fabulosas para cultivar gran número de especies, dende a laranxa na bisbarra do Rosal, ó kaki, o kiwi, a pereira, a ma ceira, as avelairas… E no interior, os castiñeiros, as noguerias, as cerdeiras, os pexegueiros…
Os frutais precisan de moita mao de obra, hai que traballar a terra, limpala, e coidar as árbores, recoller a froita… Iso son moitas horas de traballo ano tras ano, nada que ver co eucalipto, que o plantas e alí se queda. Se ENCE xenera postos de traballo, que dicir da industria transformadora alimentaria que podería xurdir nesta terra tan fértil como mal aproveitada.
Ademáis, cómpre lembrar que moitas leiras que agora están de eucalipto, foron hortas e terras de labor. Se antano tiñan tomates, patacas, pementos…non sei por que, tras unha labor de rexeneración da terra, non poderían volver a telos.
E estou falando de productos , que dan colleitas todo o ano, dos cales existe ampla demanda na Europa, que poderíamos exportar aproveitando as vías marítimas. Deixarían moitos máis cartos na sociedade galega que a madeira barata, despois de pagar uns salarios que tamén quedarían nesta sociedade (duplo beneficio).
E as árbores terían, o fin do seu ciclo productivo, unha valor residual maior ca do eucalipto (moitas especies, como a cerdeira, o castiñeiro ou a nogueira ten unha gran aceptación en ebanistería).
Son todo vantaxes para Galiza.
Bastaría con transformar a metade das extensións de piñeiro e eucalipto en cultivos, para convertirnos na despensa de Europa.
Temos sol no vrao e choivas espalladas todo o ano, nas medidas perfectas para moitas especies. Pódese dicir que temos o clima perfecto para a agricultura, isto podería, tería que ser un verxel, e non o inferno no que o convertiron as celulosas.
Unha metade a producir comida (artigo con moito futuro). E a outra metade, reforestar con especies autóctonas, rexenerando os ecosistemas e prantando a semente do que sería unha sólida industria turística de xentes que viñeran admirar a nosa terra (agora mesmo da entre noxo e mágoa, é unha vergoña o que temos que amosar os visitantes).
Podemos seguir como estamos, con eucaliptos como un país do terceiro mundo ( non hai eucaliptos en ningún outro rincón de Europa ), con paro, despoboamento do rural, emigración, pobreza…



As Rías de Galicia son sinónimas de pesca artesanal.

O noso mar é escenario de novas formas de pesca, novidosos cultivos ou bancos marisqueiros que cambiaron substancialmente a nosa paisaxe.
Son moitos os expertos que consideran que as rías Galegas deberían ser declaradas Patrimonio da Humanidade. Estas son as razóns
Se mesturamos paisaxe e gastronomía descubriremos por que cada ano, máis de tres millóns de persoas visitan Galicia.

Coñezamos a arte e os artistas da nova cociña galega capaces de imaxinar novas propostas coa base dos produtos frescos e insuperables de sempre.
Galicia Exporta os seus Sabores
O galego é medio nómada é de ahí naceu o interese por dar a coñecer no exterior os nosos sabores, que son moitos e moi variados.

Hoxe en día, grazas ás novas tecnoloxías e á iniciativa empresarial, é posible degustar un produto galego de calidade en calquera lugar do mundo.



MARCA GALICIA
A economía galega debe impulsar a súa marca se quere evolucionar.
A marca é a imaxe que reflexa.
Para que un país poida competir debe estar acompañado nunha imaxe de marca".Cando pensamos nun produto alemán pensamos en seriedade, garantía; se falamos dun xaponés, en prezos baratos.
A comunidade debe buscar diferenciarse a través da mellora das súas empresas no campo da innovación e o desenvolvemento. "Temos un avance lento, pero é moi necesario innovar nos sectores tradicionais da economía galega".
É preciso potenciar as medianas e pequenas empresas. Aumentar a loita contra a fraude e apoiar os autónomos. É aumentar a exportación.


Galicia ten futuro claro que sí,
pero depende de todos nós.
Si queremos, podemos.




lunes, 21 de abril de 2014

Trailer O Apóstolo


O apóstolo


A cinta de animación arrasou levouse seis dos 10 premios ós que
estaba nominada, entre eles, mellor longometraxe e dirección,
Dirección
de Arte e Dirección de Producción e Música orixinal, así como
Sonido.








A cinta Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, fíxose cos premios de mellor Vestuario e mellor Interpretación femenina de reparto, que o levou Mabel Ribera (ferrolá).

O galardón dos Mestre Mateo para o mellor actor protagonista foi para Luis Tosar

Premio de Honor a Manolo González

Impulsor da Escola de Imaxen e Sonido da Coruña, en recoñocemento a súa traiectoria profesional. No séu discurso entre outra cousas dixo: «Ainda teño corda para rato”.
Moitas felicidades.



             Premios do audiovisual galego


Costa da Morte recibe un novo premio en Iberoamérica
Documental experimental realizado por Lois Patiño
O xurado destacou que o filme “desenvolve unha proposta onde se reúnen o rigor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade .

“ A pegada dos avós”

Un documental galego “ A pegada dos avós” sobre a represión franquista premiado en Latinoamérica

O documental galego de Abad, rodado entre A Coruña e Ferrol, competía con outros 17 traballos de Porto Rico, Arxentina o Chile.

7 rapaces galegos escollidos ó azar retroceden duas xeneracións en 67 minutos  para escoitar, de boca dos represaiados, o relato vivo da represión franquista máis fera. “A pegada dos avós, documental trilingüe -galego, castelan e inglés- de Xosé Abad sobre a Guerra Civil española foi premiado no “ VIII Encuentro Hispanoamericano de Cine y Vídeo Documental Independiente”, un dos grandes escaparates para a denuncia visual de América Latina que se fallóu na capital mexicana.

Premios mestre Mateo do audiovisual galego

Supoñen unha serie de actividades de promoción, celebración e reivindicación de que na sociedade galega existe un audiovisual activo.
Os membros da Academia escollen democráticamente aqueles traballos colectivos e individuais que lles parecen os mellores, dentre todolos realizados e presentados no ano anterior.

O audiovisual galego levanta a súa voz. O sector reclamóu máis axudas na entrega dos premios Mestre Mateo en A Coruña.


O filme somos xente honrada convírtese na gañadora da XII edición dos premios Mestre Mateo, celebrada na Coruña.

«Somos xente honrada» logrou os premios ó mellor longometraxe e dirección -Alejandro Marzoa- mellor guión-Miguel Ángel Blanca e Alejandro Marzoa-, actor protagonista -Miguel de Lira- e de reparto -Ricardo de Barreiro-, e maquillaxe e peluquería -Susana Veira y Erea Pérez-.







sábado, 19 de abril de 2014




A elaboración das obras de porcelana de Sargadelos segue un minucioso proceso no que se coida a calidade ata o máis pequeno detalle.
Sargadelos é unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia vencellados ao desenvolvemento da cultura de Galicia en todos os eidos da creatividade.
A Cerámica de Sargadelos xurdiu de Antonio Raimundo Ibáñez, figura da nosa primeira industrialización, nos primeiros anos do século XIX, coa inauguración dunha fábrica de louza nesa parroquia do concello de Cervo (Lugo) no ano 1806. Dos seus altos fornos saíron moitos dos canos, cadeas, rodas hidráulicas, útiles de cociña e demais ferramentas das empregadas na España do século XVIII. E mesmo chegaron a crearse fermosos conxuntos escultóricos, fontes públicas e balaustres decorativos que aínda se poden recoñecer nalgunhas cidades galegas.

Pouco tempo despois, engrandeceu a súa obra coa creación da fábrica de louza, que comezou as primeiras probas no ano 1806. O proxecto permitiulle a Raimundo Ibáñez desenvolver o seu gusto polas artes plásticas
Canos da canle de Isabel II feitos en Sargadelos.

1809-1832 Primeira etapa

José Ibáñez, fillo do fundador de Sargadelos, asumiu o goberno da empresa tras a súa morte. Coa axuda dos seus tíos maternos e da súa muller, Anita Varela, ampliou a fábrica orixinal ata instalar tres fornos de produción, dous pequenos para ensaios e varios talleres con máis de 25 tornos.

Chegarán a producir 20.000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do século XIX.

As louzas características desta época son de cor branca, con esmalte brillante cremoso ou lixeiramente azulado. Sobresaen as pracas, floreiros e xerros, deseñados cun estilo neoclásico, inspirado na louza inglesa de Bristol. Corresponden a esta época as primeiras pezas pintadas a man.
Albarelo e floreiro

1835-1842 Segunda etapa

José Ibáñez asociouse con Antonio Tapia para constituír a empresa Ibáñez y Tapia o 19 de maio de 1835. Coa dirección do francés M. Richard, chegado dende Turín, apostaron pola fabricación de louza fina en cor branca pintada a man. Tamén abordaron as primeiras probas de estampación e policromía.
Desta época, sobresaen as lámpadas e candeeiros en forma de castelo, e mais unha vaixela decorada con estampación de tonalidade verde-chumbo onde se representa a unha parella bailando a muiñeira. Tamén se fixeron entón fermosas placas de temas mitolóxicos e relixiosos, e excelentes pezas de toucador.
Candeeiro Floreiro de 5 bocas
Reloxo

1845-1862 Terceira etapa

No ano 1845, arréndallese a administración de Sargadelos á familia Ibáñez.

Máis de 1.000 familias chegaron a traballar en 1849. Foi a época dourada do primeiro Sargadelos.
Con calidades e variedades excepcionais de vaixelas e figuras baixo a dirección do británico Edwin Forester. Introdución da louza alumada chamada
chinesa opaca ou semichinesa, pola súa decoración floral, estampados en sepia e castaño e pintados con pincel en verdes, azuis, amarelos e rosas. As estampacións monocromas (sobresae a cor negra) e a impregnación de cor nos fondos das pezas de vaixela branca, brilante e lixeiramente azulada.

Característicos desta época son os
Mambrús, xerros feitos coa figura dun home sentado semellante ao Toby Jug da cerámica inglesa, e as vaixelas ilustradas con estampación litográfica (quizais, por primeira vez en España)

Fontiña de manteigueiro Copa para doces con decoración
Fonte cuberta con vistas Benditeira con decoración
Figura decorativa policromada Mambrús

1870-1875 Cuarta etapa

A familia Ibañez recobra a xestión, asociándose cos coruñeses Atocha e Morodo en 1873. Básicamente, reprodúcense as pezas da etapa anterior, pero sen acadar a súa mesma calidade. Cesaron as inversións en novas instalacións e prescindiuse dos expertos ceramistas extranxeiros.

Foi a etapa na que as perdas ocasionadas polos preitos familiares dos Ibáñez levaron a Sargadelos ata o seu peche como empresa no ano 1875.

Desde entón ata a recuperación do seu legado, na segunda mitade do século XX, a historia daquel formidable emprendemento e as testemuñas da beleza acadada nos seus talleres extendéronse sen fronteiras. EN 1972, o perímetro das anigas Fábricas foi declarado Conxunto Histórico-Artístico.

Fonte le louza fina Xerriña do leite
Cunca de café Xerra do lavabo

1949-Actualidade Quinta etapa




Isaac Díaz Pardo crea en 1947 un taller de cerámica en O Castro (Sada), deseñaba e realizaba figuras de porcelana en línea coa súa obra plástica. Dous anos despois, Díaz Pardo asóciase coas familias Nogueira y Rey e constituie "Cerámicas do Castro S.L.” embrión do “Grupo Sargadelos”.
Logo de experimentar técnicas e deseños diferentes, acadaron por reproducir en series moi limitadas figuras orixinais de artistas plásticos.

En 1955, dado o interese polo O Castro, Isaac viaxa a Arxentina e pón en marcha "Porcelanas de Magdalena, Celtia S.A", Alí conectou cos intelectuais galegos exiliados o final da Guerra Civil, coa intención de traballar pola memoria histórica, económica e cultural de Galicia creando con Luis Seoane o Laboratorio de Formas en 1963 coa asignación dun convenio con "Cerámicas do Castro S.L." para a restauración da cerámica en Sargadelos, a creación do Museo Carlos Maside e a editorial Edicións do Castro. Ese mesmo ano contitúese a sociedade "Fábrica de Cerámica de Sargadelos S.L"
Mentres O Castro en 1960, contruíu unha nova pranta incorporando deseños con motivos abstracto-xeométricos tomados do románico e do barroco galegos, ou as formas que gardan un paralelismo co simbolismo formal da arte románica.
Sargadelos
En 1968 inicianse as obras da Pranta Circular, en Cervo Lugo, deseñada polo arquitecto Andrés Albalat, novo membro do Laboratorio de Formas, comezando deseguida unha pequena producción con deseños de Seoane. Dando inicio a 5ª Etapa de Sargadelos que se convertiría no Grupo Sargadelos. A concepción deseñística está claramente diferenciada da etapa anterior. Tratábase de restaurar o espíritu de empresa do antigo Sargadelos, a súa concepción ética da empresa afastada de calquera tentación especulativa.
Son conceptos do noso tempo, máis en consonancia coa realidade diferenciada e esencial do carácter galaico.
A elaboración das obras de porcelana de Sargadelos segue un minucioso proceso no que se coida a calidade ata o máis pequeno detalle.


Figura de Santiago a cabalo e Voluta Sargadelos na actualidade
Vaixela de forma paxárica Xogo de café con relieve de cunchas
Don Quijote e Sancho Detalle de vaixela espiroide

Ramos de lois Seoane Figuras antropomórficas e Castelao

domingo, 6 de abril de 2014




Son centos os refráns e os devanditos populares galegos que de xeración en xeración foron transmitíndose para formar parte da nosa cultura tradicional. Recollen datos importantes sobre os costumes, o clima, os fenómenos atmosféricos, as estacións do ano ou as tarefas campestres.

Todos e cada un deles son unha pequena gran mostra de sabedoría popular e permanecen moi arraigados na vida cotiá principalmente dos nosos maiores e que en infinidade de ocasións se converte nunha verdade irrefutable.

DITOS POPULARES

Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale
    Mexan por nos e hai que decir que chove
    A todo porco lle chega o seu San Martiño
    Cando a limosna é moita ata o santo desconfía
    O que se queima, tén o rabo de palla
    É igual Xan que Pelicán
    Vale mais un mal arranxo ca un bó preito
    O que garda sempre ten
    Non lle cabe un feixón no cu
    Ceo empedrado, chuva de contado
    Xente da Coruña tropa do carallo
    Canto mais te agachas, mais che dan polo cú
    Xente nova e leña verde todo é fume
    Quen polo seu gusto morre, ata a morte lle sabe
    Non por moito madrugar amanece mais cedo.
    Este cree nos paxariños preñados.
    Nunca choveu que non escampara.
    REFRÁNS POPULARES
    Xaneiro quente, trae o demo no ventre
    Costureira sen dedal cose pouco e cose mal
    Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.
    Polo san Vicente, planta os nabos da semente.
    Gavotas en terra, mariñeiros á merda
    Comer e rañar, todo é empezar
    Duas fillas e unha nai, tres diaños para o pai
    As sardiñas en Maio, pingan no borrallo e polo San Xoan pingan no pan
    Neve en Febreiro e un lobo no quinteiro.
    Por Santa Lucía mengua a noite e medra o día
    Febreiro e as mulleres, no día teñen sete pareceres
    A vaca que non come cando os bois, ou comeu antes ou come despois
    Sogra e nora, e can e gato, non comen ben no mesmo prato
    A quen Deus non lle da fillos, o demo lle da sobriños

      Refraneiro de abril

    A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
    A auga de abril enche o carro e o carril.
    A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
    A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
    A viña de bo amo pódase en marzo; a viña do ruín pódase en abril.
    Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin.
    Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso
    Abril e maio son as chaves do ano.
    Abril frío e fornos quentes, alegría prós meus dentes.
    Abril que non chove deixa ó labrego probe.
    Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gando.
    Altas ou baixas, en abril son as Pascuas.
    As mañanciñas de abril deixádemas pra dormir.
    Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba.
      Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
    En marzo, se podas un cardo, naceranche catro, i en abril, se cortas catro naceranche mil.
      No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro.
    O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
    O que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña.
    O que non garda leña pra abril, non sabe vivir.
    Por Pascuas de Resurrección tres cousas non teñen sazón, sardiñas asadas, castañas asadas e predicación.
    Quen queira mal a unha veciña, dealle no abril sardiña.
    Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.
    Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado.



domingo, 30 de marzo de 2014

Música, rondallas e 'bicos' de laranxa e chocolate
en homenaxe ás Pepitas de Ferrol

Como todos os anos, pola festa de San José, saíron polas rúas de Ferrol as rondallas cantando á muller ferrolana.


A historia das Pepitas.
Está nas raíces da historia do Ferrol, e nin os cambeos sociais poderon con ela.
Foi en 1902 cando naceu 'A Noite das Pepitas, tal e como se coñece hoxe . Nos anos sesenta do pasado século adquiriron aínda maior relevancia, xa que déronlle rango institucional.
Pero xa no século XIX hai testemuños gráficos e escritos da rolda a determinadas mulleres ferroláns para destacar as súas virtudes.
'Os cabaleiros de Esteiro' sería o primeiro grupo, en 1886.
As súas cancións son valses, danzas e habaneiras, que calaron en Ferrol pola chegada de persoal andaluz e valenciano aos estaleiros e ao Arsenal Militar, e tamén pola elevada inmigración a Cuba.
Elegantemente vestidos, as súas roupas van acompañadas de capas negras, lazos, fitas ou escarapelas. Laúdes, mandolinas ou bandurras, xunto ás súas voces, fan o resto.

Os ferroláns botáronse á rúa para escoitar o seu son máis tradicional na xornada en que se enxalza ao amor e á beleza das mulleres da cidade. Dende a mañá do sábado ata ben entrada a madrugada, o casco histórico con forma de tableta de chocolate vólvese máis doce que nunca por unhas horas ao ano, baixo a música e as mulleres.
O coliseo ferrolán acolleu na mañá do sábado a habitual recepción ofrecida polo Concello ás rondallas. Nese acto, destácase a traxectoria de letristas e músicos involucrados no mantemento deste legado histórico. O poeta Pedro Xosé Blanco Llano e os rondallistas Juan Vázquez Seijo e Miguel Gago.
Para despois seguir cantando dende primeira hora da tarde do sábado polas rúas da Magdalena, partindo dos barrios de Ferrol Vello, Ultramar, Caranza, Canido e o Ensanche.

Por que as Pepitas en torno ao día de San José?
Antano era dos escasos días de libranza para os operarios dos estaleiros e o de Pepa era un nome moi estendido entre as mulleres.

O postre típico
Como bo festexo que se prece, hai doce dedicado: o Bico, con forma de corazón e cunha receita de biscoito de cacao, e cobertura de chocolate negro e crema de laranxa.


Para recordar esta data, Sargadelos presenta cada ano por marzal un prato de cerámica na súa honra.



O modernismo en Galicia e Ferrol.

En Galicia este estilo entrou cun leve atraso dun par de décadas, xa iniciada o século XX.
É por este feito polo que nunca se expresou en formas puras, senón eclécticas, utilizando formas clásicas ou do século XIX, e engadindo melloras técnicas e trazos ornamentais modernistas.
Edificios ainos na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, así como mostras máis illadas en Sada, Corcubión, Ribadeo, ou Grove, etc

No caso de Ferrol, é posible falar dun sistema urbanístico único.
O barrio da Magdalena fusiona nun mesmo espazo o racionalismo urbano da época ilustrada e as construcións modernistas do século XX.
As novas construcións deste estilo, levantadas fundamentalmente entre os anos 1900 e 1925, dotaron ao barrio dunha gran singularidade, cuia característica fundamental é a galería, non só na utilidade material (como protección térmica, zona de transición e de funcionalidade de uso), senón tamén como un singular elemento decorativo da fachada.
Un dos mellores artistas do modernismo foi Rodolfo Ucha.
Rodolfo Ucha

Nado en Vigo o 29/09/1882 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1981, foi un arquitecto galego, un dos practicantes do estilo modernistas na Galicia..
A obra de Ucha inscríbese no estilo modernista, no que utiliza ás veces elementos innovadores, como poden ser as cores ou os capiteis.
Incorpora ás fachadas tradicionais novos materiais (ferro, cemento), creando modelos de galerías e miradoiros con decoración xeométrica e naturalista.

Cociña Económica:


Rúa Rubalcava 29
Construción de planta baixa, con cuberta a dúas augas inspirada nas mansardas francesas, destacando o colorido cálido dos seus paramentos e a distribución simétrica dos seus vans. Á altura da porta principal érguese un corpo sobre a cuberta cunha mera función decorativa.
A obra se executou durante a primeira década do século e o seu autor é Rodolfo Ucha

Colexio das discípulas de Xesús

Rúa Emilio Antón 8
Era o Chalet Antón. construído por Rodolfo Ucha para o alcalde de Ferrol en 1918, Emilio Antón Iboleón.
Vense elementos modernistas característicos dá obra de Ucha, tamén ten detalles indianos tales como a cúpula e ou xardín con escalinata.


Capela da Merced


















Rua María 192
Ano de construcción: 1926
Estilo arquitectónico: Neogótico
Arquitecto/autor: Rodolfo Ucha Piñeiro



Casino Ferrolán:


Rúa Real 100
Realizado no primeiro terzo do s. XX, polo arquitecto municipal Rodolfo Ucha Piñeiro, arquitecto modernista que deixa parte da súa obra en Ferrol. Estilo ecléctico entre o modernismo e o funcionalismo. Ten planta cadrada con tres alturas. No primeiro piso os vans están percorridos por un balcón. Gran ornamentación na fachada principal.

Mercado da Magdalena- “La Pescadería”


Edificio de estilo ecléctico (1910), de Rodolfo Ucha Piñeiro.
Destaca a súa fachada modernista decorada con motivos xeométricos, portas e vans enreixados, e sobresaíntes pilastras, e o seu pavillón rectangular de cuberta de cinc e armaduras metálicas, cunha elevación para permitir a ventilación.




Teatro Xofre (1892)


Praza de Galicia s/n
Estreado en 1892, bautízalle como Teatro Xofre por un emigrante ferrolano en Bos Aires, Joaquín Jofre Maristany, máximo benfeitor da obra.
A fachada principal do Teatro Jofre, sobria, lucía unha nudez que non se correspondía coa riqueza ornamental do interior. Cando en 1919 o teatro cambiou de propietario, os novos donos encargaron unha fachada máis suntuosa.
O arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro, dotouna dun rostro máis teatral.
Unha das máis importantes obras da arquitectura teatral de España.

Suizo (1916)

Rua Real 134
Edificio modernista de Rodolfo Ucha.
Construción grandiosa e, sobre todo, elegante, como corresponde ao movemento modernista, por exemplo, nos balcóns de ferro forxado e os vans separados por pilastras.






Semán Santa Ferrolán.


Declarada de INTERESE TURÍSTICO NACIONAL en 1996.

Durante isa semán, Ferrol transfórmase cada ano. Neses días as rúas do histórico barrio da Magdalena acollen uns tres mil penitentes, pertencentes aos distintos terzos das confrarías do Santo Enterro, a Virxe das Angustias, Dores, Mercede e a Orde Terceira de San Francisco.

A “Semana Santa de Ferrol” é o conxunto de actos de conmemoración da Paixón de Cristo. Dá comezo o Domingo de Ramos e finaliza o Domingo de Resurrección. Máis alá do fervor relixioso, a Semán Santa exerceu como imán turístico durante as últimas décadas.
Nos oito días de procesións móvense en Ferrolterra case 40 millóns de euros: con 20 millóns de ingresos en hostalaría e aloxamento, entre outros sectores.



martes, 18 de febrero de 2014

Os mataron a todos !! Chelo a guerrilleira
Natural de Soulecín, na bisbarra do Barco de Valdeorras, Ourense, onde naceu no ano 1919, no seo dunha familia acomodada, pois o paio fixera fortuna en Cuba.
Tralo golpe militar, no ano 1937, dos dos seus irmáns, que foran chamados á filas polo exército sublevado, foxen ao monte para integrarse na guerrilla.

Dous anos despois, un grupo de lexionarios entra no pobo e mata aos pais de Chelo Rodríguez, para que servise de escarmento aos seus veciños. Coa súa irmá, súmase á guerrilla.(tiña 17 anos, e a súa mentalidade de esquerdas nacera das manifestacións da República).
Actuaron como axentes do Servicio de Información Republican (SIR), como enlaces coa guerrilla.
Antonia e Chelo estuviron encarceadas nos cárceres do Barco, Ponferrada, e León. Ól comprobar que a súas vidas estaban en perigro, fuyeron ó monte, da Serra do Eixo(Valdeorras), donde atopábase o campamento base dos guerrilleiros, cando as forzas franquistas descubrirono. Antonia e Chelo Rodríguez ocultaronse nas casas de apoio de Ourense e O Bierzo .
Logrou escapar en 1949 a Francia.

Moncho Reboiras

Naceu na aldea de Imo, no concello de Dodro, fixo o bacharelato enTeis namentres axudaba no Bar Noia da súa familia. Durante un breve período de tempo, traballou na construción e comezou a achegarse ao nacionalismo galego
Matriculouse na Escola Técnica de Enxeñaria Industrial de Vigo.
Reboiras desempeñou un papel activo nas reivindicacións dos estudantes naqueles anos.
Foi un dos fundadores da revista Des...tornillo e formou parte do grupo cultural O Castro. En 1969 ingresou como militante naPG.
Rematada a carreira, a Escola concedeulle unha bolsa para facer un traballo de especialización nos estaleiros Barreras. En 1972, tivo lugar a "Folga de Setembro" onde Reboiras acada un papel importante como organizador.
Perdida a bolsa de estudos por esta razón, dedícase á loita política.
Nos anos 1973 e 1974 foi un dos organizadores dos grupos sindicais conformou en pouco tempo a Intersindical galega, predecesora da actual (CIG).
Reboiras foi tamén, membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, de inspiración marxista-leninista.

Participou, nun grupo dedicado a dotar o partido de infraestruturas loxísticas, que incluía unha fronte armada que loitase contra a ditadura.
Creouse un comando composto por un reducido número de persoas do que se fixo cargo Reboiras o 23 de febreiro de 1974.
O escaso armamento do que dispuñan procedía do grupo portugués Luar e adestraban no sur da provincia de Pontevedra.
A primeira acción foi un atraco a un banco en Escairón.
Tras ser identificado pola Garda Civil, permaneceu oculto por un tempo.
Un día que se dirixía a Ferrol, onde se estaba a organizar a UPG, a Brigada Pólitico Social (BPS) estabeleceu na noite do 11 de agosto de 1975 un control no barrio de Canido.
Ás 2 da mañá numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba organizando un próximo ataque armado con dous militantes máis, que grazas á intervención de Reboiras –o único que estaba armado–lograron fuxir.
Ao cabo de dúas horas a policía deu alcance a Reboiras no portal do número 27 da rúa da Terra (onde se lle fai todos os anos unha homenaxe), e disparáronlle varios tiros.
A partir dese momento desátase un amplo operativo en toda Galicia que remata coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal dun gran número de membros da UPG.
Miña nai contoume, que cando pasou isto, ela que era uha mociña, estaba en Cobas, e a aldea enchouse de gardas civís e policias. Había fogatas por moitos sitos xa que a xente tiña medo e queimaban todolos libros escritos en galego.
Non se falaba doutra cousa, pero baixiño, con moito medo. Un deses días miña nai viña para Ferrol con seu futuro cuñao que tiña un coche, un seiscentos, con matrícula de Navarra e pola recta da saida de Cobas viron moitos gardas civís que lles mandaban parar,pensaron que era polo vello que estaba, pero depronto metéronlles polas ventanillas de diante duas metralletas,o susto que levaron non foi normal, creo que ainda agora cando o conta, asústase,mandáronlles baixar e valeiraron todo o coche, pensaron que eran etarras. (todo por unha matrícula de Navarra)

Fillaros si había vixilancia.