martes, 18 de febrero de 2014

Os mataron a todos !! Chelo a guerrilleira
Natural de Soulecín, na bisbarra do Barco de Valdeorras, Ourense, onde naceu no ano 1919, no seo dunha familia acomodada, pois o paio fixera fortuna en Cuba.
Tralo golpe militar, no ano 1937, dos dos seus irmáns, que foran chamados á filas polo exército sublevado, foxen ao monte para integrarse na guerrilla.

Dous anos despois, un grupo de lexionarios entra no pobo e mata aos pais de Chelo Rodríguez, para que servise de escarmento aos seus veciños. Coa súa irmá, súmase á guerrilla.(tiña 17 anos, e a súa mentalidade de esquerdas nacera das manifestacións da República).
Actuaron como axentes do Servicio de Información Republican (SIR), como enlaces coa guerrilla.
Antonia e Chelo estuviron encarceadas nos cárceres do Barco, Ponferrada, e León. Ól comprobar que a súas vidas estaban en perigro, fuyeron ó monte, da Serra do Eixo(Valdeorras), donde atopábase o campamento base dos guerrilleiros, cando as forzas franquistas descubrirono. Antonia e Chelo Rodríguez ocultaronse nas casas de apoio de Ourense e O Bierzo .
Logrou escapar en 1949 a Francia.

Moncho Reboiras

Naceu na aldea de Imo, no concello de Dodro, fixo o bacharelato enTeis namentres axudaba no Bar Noia da súa familia. Durante un breve período de tempo, traballou na construción e comezou a achegarse ao nacionalismo galego
Matriculouse na Escola Técnica de Enxeñaria Industrial de Vigo.
Reboiras desempeñou un papel activo nas reivindicacións dos estudantes naqueles anos.
Foi un dos fundadores da revista Des...tornillo e formou parte do grupo cultural O Castro. En 1969 ingresou como militante naPG.
Rematada a carreira, a Escola concedeulle unha bolsa para facer un traballo de especialización nos estaleiros Barreras. En 1972, tivo lugar a "Folga de Setembro" onde Reboiras acada un papel importante como organizador.
Perdida a bolsa de estudos por esta razón, dedícase á loita política.
Nos anos 1973 e 1974 foi un dos organizadores dos grupos sindicais conformou en pouco tempo a Intersindical galega, predecesora da actual (CIG).
Reboiras foi tamén, membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, de inspiración marxista-leninista.

Participou, nun grupo dedicado a dotar o partido de infraestruturas loxísticas, que incluía unha fronte armada que loitase contra a ditadura.
Creouse un comando composto por un reducido número de persoas do que se fixo cargo Reboiras o 23 de febreiro de 1974.
O escaso armamento do que dispuñan procedía do grupo portugués Luar e adestraban no sur da provincia de Pontevedra.
A primeira acción foi un atraco a un banco en Escairón.
Tras ser identificado pola Garda Civil, permaneceu oculto por un tempo.
Un día que se dirixía a Ferrol, onde se estaba a organizar a UPG, a Brigada Pólitico Social (BPS) estabeleceu na noite do 11 de agosto de 1975 un control no barrio de Canido.
Ás 2 da mañá numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba organizando un próximo ataque armado con dous militantes máis, que grazas á intervención de Reboiras –o único que estaba armado–lograron fuxir.
Ao cabo de dúas horas a policía deu alcance a Reboiras no portal do número 27 da rúa da Terra (onde se lle fai todos os anos unha homenaxe), e disparáronlle varios tiros.
A partir dese momento desátase un amplo operativo en toda Galicia que remata coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal dun gran número de membros da UPG.
Miña nai contoume, que cando pasou isto, ela que era uha mociña, estaba en Cobas, e a aldea enchouse de gardas civís e policias. Había fogatas por moitos sitos xa que a xente tiña medo e queimaban todolos libros escritos en galego.
Non se falaba doutra cousa, pero baixiño, con moito medo. Un deses días miña nai viña para Ferrol con seu futuro cuñao que tiña un coche, un seiscentos, con matrícula de Navarra e pola recta da saida de Cobas viron moitos gardas civís que lles mandaban parar,pensaron que era polo vello que estaba, pero depronto metéronlles polas ventanillas de diante duas metralletas,o susto que levaron non foi normal, creo que ainda agora cando o conta, asústase,mandáronlles baixar e valeiraron todo o coche, pensaron que eran etarras. (todo por unha matrícula de Navarra)

Fillaros si había vixilancia.

Los mataron a todos !! Chelo la guerrillera

sábado, 15 de febrero de 2014


MANUEL PONTE PEDREIRA: “pintor”Coñecido co sobrenome de Xastre, nado no Fontao (Frades) en 1911 e morto en 1947.




Ao empezar a guerra civil Manuel Ponte non tiña filiación política ningunha. Empezou a tomar conciencia da realidade social e militar no cárcere, xa que como moitos outros,foi detido ao inicio da Guerra Civil Española e permaneceu en prisión ata 1943 no cárcere da Coruña, estando alí ingresou no Partido Comunista de España. En 1945 incorporouse á guerrilla comunista.

Marchou ao monte, como tantos "escapados" foi,para librarse da ameaza de ser encarcerado de novo. Ademais, Ponte era dos que tiña que presentarse á policía de Frades cada semana, e cada visita á comisaría era, para el e para os demais, unha humillación e un trastorno insoportable.


O delataron e a Garda Civil cercouno con varios dos seus homes na súa aldea natal o 21 de abril de 1947 e morreu no enfrontamento. 

BENIGNO ANDRADE “Foucellas": unha leenda da resistencia antifranquista




Nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas,no concello de Mesía, dende moi novo traballou no campo, de xornaleiro, e nunha leitería. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón
Xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, Posteriormente foi militante da CNT e guerilleiro anti-franquista; temendo represalias dos fascistas, botouse ao monte. púxose ó frente, dunha partida guerrilleira que actuaba na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo que existían naquela época en Galicia.
Ferido en 1945 coa súa propia arma Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e escondido. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas.
Home que o réxime fascista converteu nun criminal sen escrúpulos, atribuíndolle moitos delitos que se cometeran ao mesmo tempo en sitios distintos.
Benigno Andrade participa do Exercito Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de 1949 escapa dunha emboscada da Garda Civil
O 9 de marzo de 1952 é detido por unha confidencia. Terriblemente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en Consello de Guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.
As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e

un goberno lexitimamente elexido”.

O MARIO DE LANGULLO : o pinche. ultimo guerrilleiro antifranquista


Nado en Cesuris (Manzaneda) en 1913 e morreu en Seadur (Larouco) en 1986, foi un dos últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra o réxime de Franco.
Con quince anos emigrou a Bilbao na busca dunha vida mellor. Alí traballou coma peón e participou en diversos conflitos laborais, voltou a Lugo en 1935.
Coa sublevación fascista viuse obrigado a botarse ó monte para salvar a vida. Alí, dirixiu a grupos de fuxidos en accións de sabotaxe, ataque ao goberno e represión de colaboradores e delatores.
A Mario mátanlle os falanxistas a seu pai e a sua irmá como revancha pola súa fuxida ó monte.

A consolidación do réxime faría cada vez máis difícil a continuidade da acción guerrilleira, no ano 1946 o PCE abandoa a loita armada e deixa abandoados aos guerrilleiros e Mario ocultase e logra fuxir a Francia en 1968. Regresou a Galicia en 1979 frecontando as ferias da comarca saudando ás persoas que lle ayudaran na súa permanencia no monte. Faleceu en 1986 en Seadur.


XOSÉ NEIRA FERNÁNDEZ:(O primeiro á ezquerda), nado en Mera de Arriba (Ortigueira) en 1909. Foi ferreiro en Cuiña e afiliouse ó Sindicato General de Proletarios de San Claudio, de orientación anarquista.




Botouse ao monte en primavera de 1938. A principios da década dos 40 "Neira" e os seus homes eran medio centenar e dividíanse en 5 grupos. Andaban pola provincia da Coruña, Ortigueira-Ferrol- As Pontes. Despois ampliaron o seu campo por Pontedeume, Villarmayor, Monfero, Ás Neves- Capela. Despois dirixe os guerrilleiros da zona costeira Cee-Vimianzo-Monte Pinto. En 1943-1944 vólveselle ver por Ortigueira para finalmente ser gravemente ferido nunha refrega e vaise a Francia.
Os seus integrantes tiñan contactos en Moeche e Ferrol, o que lles permitía refuxiarse en casas de apoio durante longos períodos cando estaban feridos.
tiña vinte anos cando estalou o alzamento militar. Non militaba en ningún partido político, pero si estaba afiliado ao sindicato CNT de Viveiro. En 1942 sumouse ó Partido Comunista.

Un dos misterios foi a morte de Neira, que algúns atribuíron a unha loita de poder entre anarquistas e comunistas no seo da guerrilla. A raíz da caída dunha serie de compañeiros en 1942 plantexouse a necesidade de xuntar diñeiro para comprar un barco e fuxir a Francia. Neira e Xosé Castro foron para Ferrol a buscar máis diñeiro e, pasados tres ou catro meses, só regresou Castro, dixo que se separou de Neira e non volveu a velo. Non soubemos nada máis del. As circunstancias da súa morte seguen sen clarexarse.

MANUEL FERNANDEZ SOUTO : “Coronel Benito” “Soutiño”, de Mugardos (A Coruña). Antigo mariño de guerra, tiña unha gran capacidade de organización recoñecida polos seus propios inimigos. Despois dunha longa andadura por toda Galicia foi tiroteado, morrendo en Bóveda (Lugo) en xuño de 1949.



Coronel Benito”

PRINCIPAIS “fUXIDOS Ó MONTE”
DA GUERRILLA EN GALICIA:

XOSÉ CASTRO VEIGA: “El Piloto”. Dunha aldea de Corgo (Lugo), o seu nome débese a que era cabo da Aviación, desertóu para loitar no bando republicán. Ó final da guerra apresárono e conderárono a 30 anos de cárcere sendo indultado en 1943.Continúa coa súa actividade política de forma clandestina e fuxindo dunha redada de comunistas en Madrid bótase ao monte en 1945. Actuou na zoa oriental da Cordilleira Cantábrica, ao sur de Lugo. Finalmente un antigo compañeiro do servizo militar delatouno, poucos días despois foi abatido en Belesar (Lugo) preto da presa da central eléctrica.



Imaxen: José Castro Veiga “El Piloto
Un dos ex-guerrilleiros vivos,
Francisco Martínez López, 'Quico'

Sigue denunciando que, a pesar da Ley da Memoria Histórica, falta aún por recoñocer debidamente ós maquis na súa condición de loitadores pola libertade. Non temos dereitos. As persoas que foron asesinadas inxustamente siguen figurando como delincuentes, bandoleiros…".


O MAQUIS, definiriámolo como Guerrilla de resistencia antifranquista durante a posguerra civil española, tamén coñecido como a guerrilla, Resistencia española ou GE (Guerrilleiros Españoles),es dicir, foi o conxunto de movementos guerrilleiros antifascistas de resistencia en España que comezou durante a Guerra Civil


O final do maquis, marcaronlo as mortes de Ramón Vila en 1963 y

de José Castro “El Piloto” en 1965.
Maquis gallegos,
os rebeldes do monte.

'Foucellas', 'Gardarríos', 'Piloto', César Ríos, Gómez Gayoso,
'Mario de Langullo', 'Gafas'....

'Gafas' (1), César Ríos (2) y Antonia Rodríguez (3), de la Federación de Guerrillas de Galicia-León, con Indalecio Prieto en el 48. | 'A agonía do león'
'Gafas' (1), César Ríos (2) e Antonia Rodríguez (3), da Federación de Guerrillas de Galicia-León, con Indalecio Prieto no 48. |


Os guerrilleiros vivían do que lles daban os seus enlaces e, sobre todo, dos golpes, sempre contra persoas afíns ao réxime franquista, e cuio resultado se destinaba normalmente á compra de armamento no mercado negro de Portugal.
A guerrilla tamén daba charlas políticas entrando por sorpresa nos pobos, e facía abundantes sabotaxes contra os vehículos de liña e o tendido eléctrico.
Os guerrilleiros pasaban longas tempadas ocultos nas casas de confianza
A vida era dura no monte, pero non faltaba a caza nin a auga. Tamén era frecuente a marcha polo monte, ás veces durante meses, camiñando de noite e descansando de día.


O papel das mulleres na guerrilla foi moito máis que facer a comida ou lavar a roupa dos guerrilleiros. Houbo mulleres que participaron nos combates, como 'Chelo'. A maioría foron enlaces, e a súa actividade foi fundamental: levaban correos, enlazaban con outras persoas, avisaban de por onde andaba a Garda Civil, conseguían armas... e expuxéronse moito.


A guerrilla galega , serviu de modelo ás outras desenvolvidas noutros territorios do Estado.
Familias enteiras foron fusiladas por axudar aos guerrilleiros, sen xuízo, en plena paz.
A guerrilla non foi moi grande e potente en canto á cantidade de guerrilleiros, pero si houbo moitas persoas que a apoiaron.
É certo que a guerrilla non logrou rematar coa ditadura pero foi " o embrión” da rebeldia antifranquista
O movemento guerrilleiro antifranquista galego estendeuse, dende 1941 a 1951. Abrangueu as catro provincias galegas .
O réxime despregou á Garda Civil, e mesmo a membros do Exército, para combatelo. Nun principio, fuxir ao monte era simplemente un modo de sobrevivir a unha gran represión.



domingo, 9 de febrero de 2014


Cartillas de racionamento

A


A cartilla era en realidade un talonario formado por varios cupóns, na que se facía constar a cantidade e o tipo de mercadoría. Habíaas de primeira, segunda e terceira categoría, en función do nivel social, o estado de saúde e o tipo de traballo do cabeza de familia.
Os alimentos podíanse adquirir durante un determinado período de tempo en establecementos suxeitos ao control da Administración. Había colas por todolos sitios xa que nun sitio vendían o pan, noutro os ovos....
Os funcionarios dedicados a esta tarefa eran bautizados popularmente como «os de abastos». Cando «os de abastos» chegaban ás aldeas, os campesiños escondían os sacos de legumes nos tellados, conducían os porcos ao monte e non faltou quen construíu unha dobre parede na súa casa para ocultar o trigo e a fariña.
Miña aboa recorda con pavor os primeiros anos do racionamento, «tempos dunha fame e unha miseria terribles». A lista da compra no ano 42 incluía : «Cascas de cacahuete, mondas de plátano e laranxa, lentellas con pedras.......

O que tiña diñeiro non pasaba fame pois podía comprar de estraperlo. No mercado cando viñan os inspectores avisábanse uns a outros para poder esconder a mercancia.
Nas aldeas vivíase algo millor, pois non vixíaban tanto e as mulleres prantaban patacas e criaban polos, cerdos e logo vendíanos para comprar aceite, lentellas.....
Na posguerra chamouse estraperlo ao comercio ilegal dos alimentos racionados e despois, por extensión, a calquera forma de venda clandestina. Houbo quen se fixo rico co estraperlo, e houbo estraperlistas que malviviron.
Co estraperlo apareceron os pícaros que vendían aos tendeiros botellas de aceite da ración, que de aceite só tiñan o pescozo da botella xa que todo o demais era auga. E o mesmo pasaba cos cartuchos de azucre, cheos de serrín e algún azucre na boca.
Nos anos cincoenta algúns estraperlistas eran suboficiais de Mariña que traían do estranxeiro ou de Canarias productos escasos e caros na península.
Miña aboa conta que ela non se pode queixar pois como tiñan a tenda, algo millor comían.







Meus abós Federico (KIKO) e Aida
Miña aboa Aida é a persoa que mais quero xunto con miña nai, sempre está disposta a axudar, ten mais pacencia que o Santo Jó, nunca lle escoitei dicir non.
De pequeno non comía nada e ela contábame historias para que comese, as que máis me gustaban eran as relacionadas coa guerra, contareivos algunha.
Na guerra obrigaban a poñer nos cristais das galerías fitas adhesivas cruzadas de barrote a barrote para que non rompeses cos bombardeos.
En frente da súa casa, Genoveva de Brabante que vendía baules e maletas, tiña un sotano e cando soaban as sirenas, ían alí a refuxiarse, tamén había refuxios nos bancos.
Facíase trampa nos contadores para pagar menos luz. Escaseaba o carbón e alguns cociñaban con serrín.
Como había pouco aciete, estaba racionado, fritían as patacas con sebo.
Os vestidos facíanse cos sacos de azucar, lavados primeiro con lixivia.
Sacábase a lá dos colchóns, tecíase e facíanse calcetíns e mantas para os soldados( Iso practicamente obrigábanche e viñan polas casas a buscalas)
Os zapato facíanse coa sola dos zocos de madeira; cosíanselle (cravábanse) unhas tiras de saco e despois bordábanse, mesmo se lle poñían de adorno chatolas, a miña avoa di que eran moi bonitos
As lentellas viñan con pedras e pasábanse a tarde limpiándolas para poder cociñalas.
De Barallobre traían peixe e o cambiaban por azucar, aceite....(TRUEQUE)
Había colas para todo, para comprar o pan, os ovos, o aceite .....

A meus abós gustáballes moito cantar, e formaron un grupo de amigos da Zarzuela. Representaron nas Pontes e no teatro Jofre e o diñeiro ía para o asilo.

Meu abó Kiko, que podo decir del, tantas cousas pero todas contadas por miña aboa, miña nai e por meus irmáns, foi tan importante nas suas vidas, un segundo pai, danme envexa sá, disfrutaron tanto, pero eu moi pouco, morreu cando tina eu dous anos e cinco meses, xogando conmigo e unha arquitectura, tumbou a cabeza para un lado e alí quedou sentado no sillón morto, durante moitos meses, coa miña lingua de trapo cada vez que soaba unha ambulancia, contaba o que lle pasara, o barullo que se armou, medicos, enfermeiros correndo pola casa intentando reanimalo e eu me escondín detrás da porta da cociña, como para non molestar e non ver nada máis, xa vira bastante.
Meus abós, dende que nacín dedicáronme todo o tempo, viñan todalas mañás a buscarme para levarme a guardería que quería que fose miña nai, pero meu abó non facíalle caso e levávame a praza de Sevilla a xogar. En Covas subíame a cabaliño nos seus ombros e levábame a ver as vacas, os porcos, os cabalos, á praia.....Todo o día xogaba conmigo, pero sabedes unha cousa? Non me acordo, seino porque mo conta miña aboa moitas veces.

Mírades si era importante nas nosas vidas, que cando morreu, eu estaba na casa de meus abós, porque miña nai estaba no hospital con meu irmán Alex operado de urxencia de peritonitis. Pois dous días despois meu irmán Alex con 16 anos foise do hospital cunha venda moi forte, e con moito door, para poder levar a hombros o feretro xunto con meus irmáns Edu e Fede e os meus primos.
Iso é amor e o demais son coñas.



Nesta foto está meu tatarabó (xa salira do cárcere) con meus abós e meus tíos e uns amigos





Meu bisabó Pepe e miña bisaboa Asunción
Xa falei del noutra entrada, era dentista,tivo 3 fillos. Cando empezou a guerra levouse á súa muller e aos seus fillos a Irixoa, a miña avoa era de alí y el quedou en ferrol atendendo a consulta e íase os fins de semana e cando voltaba o luns viña cargado de comida para a xente necesitada.

Morreu moi xoven, dunha infeción deixando moi soa a miña boa que nunca se repuso, de luto, non saía de casa, saíulle por todo o corpo como unha especie de ecema que Quintanilla, médico da familia, dicía que era de tristura . Non foi a ningunha boda das suas netas, soio saía en coche con meus abós unha vez ao ano a San Andrés de Teixido por iso de que “ vai de morto o que non foi de vivo” e iso que non era nada relixiosa, non me extraña, despois do que lle fixeran os curas e as monxas. Miña nai contoume que cando tiña 12 anos foi co colexio a Santiago de Compostela e tróuxolles de recordo un rosario, un para ela e outro a Tía Lucha (a súa cuñada) e case llelo poñen de sombreiro.

No verán estaba mellor, ía para Covas, e alí estábamos todos xuntos, xa que toda miña familia pasa o verán alí.


Miña bisaboa con algúns netos, entre eles miña nai


Tía Lucha e a miña bisaboa Chon








OS MEUS ANCESTROS

Meus bisabós Francisco (el castellano) e María


Naceu en Villalibre de Somozas (león), maragato, de mozo foise a Cuba a facer fortuna, con ese diñeiro casouse coa miña bisavóa Maria e viñéronse a Ferrol, puxo unha tenda de ultramarinos no muelle con un socio (familiar)que acabouno enganando. Despois puxo un almacen de viños (tiña a exclusiva da rioja), ao empezar a guerra, aumentaron con ultramarinos. Tiveron 8 fillos, só lográronse 4, os outros morrían ao nacer por un problema de RH (hoxe sabémolo).
Miña aboa Aida tiña 14 anos cando seu pai tivo un accidente (caeu da escaleira arreglando o tellado) e morreu,quedando miña bisaboa atendendo a tenda para sacar os seus fillos adiante.
A véspera de empezar a guerra, a miña avoa fixo a primeira comunión e ao día seguinte mandárona xunto co a súa irmá a Villalibre á casa dos tíos, pensando que estarían máis seguras, pero non foi así. O tío Toribio era republicano e o sobriño do cura foino a visitar con pistola en man, roubáronlle todo.....la máquina de coser, os mantóns de manila das festas.... e díxolle que volvería ao día seguinte a polo diñeiro ( a miña avoa non se acorda da cantidade). Esa noite Toribio escapou saltado de horta en horta, chegou ata Astorga, logo a Vigo e en barco a Cuba.

O irmán da miña aboa, Meu tío Manolo (Manuel Fuertes Morán) recrutárono para ir á guerra a Pola de Gordón en León, xunto con tantos outros que tiveron que deixar os seus estudos, as mulleres e fillos, para ir a unha guerra que non estendían.




miércoles, 5 de febrero de 2014


Autobuses a Covas durante a guerra civil

Póñovos ista foto de "Cazolitos" onde podedes ver as "leiteiras" posando diante do autocar cargado con caldeiretas de leite na "terraza" do bus. Terraza moi usada en verán, sobre todo polos mozos para viaxar ata a praia do Vilar.

A primeira liña de autobuses que uniu a parroquia (naqueles tempos pertencente ao Concello de Serantes) con Ferrol comezou a súa actividade cara a 1934 con dous vehículos, os seus propietarios eran coñecidos como " Os de Primo"… Que tamén eran os donos do salón de baile, a carnicería, a tenda e o cine de Covas.
Miña avoa contoume que alugaban entre todos os vereneante o cine os sábados para bailar e facer festas. Y a miña nai díxome que cando ela era pequena aínda existía o cine, os venres poñían só vaqueradas do ano da tarola, pero pasábano bomba, aínda que a maioría dos días acababan botándoos polas risas.

Ao comezar a guerra civil fóronlles requisados os buses, que non tiveron máis noticias ata que rematou a guerra, momento no que lles devolven só un dos autocares nunhas condicións que o facía inservible, optando os propietarios por esquecerse do negocio.

Entre esa época e ata que "Ramón e Suárez" puxeron en marcha a súa empresa o único servizo de transporte público era o que ofrecía Xosé o dá Cocheira, tamén coñecido por Xosé de Longra, propietario da tenda coñecida por "A Cocheira" que, cunha "RUBIA" (así se coñecía daquela ao que hoxe chamamos "monovolume") suplía a carencia de liña regular de transporte de viaxeiros.

A miña avoa conta que a RUBIA non andaba un patacón e ao empezar a Bailadora se baixaban todos a empurrar para que puidese subir a costa, cando chegaban arriba volvíanse subir xa que costa abaixo todos os santos axudan. E cando ía moita calor os dejaban ir na baca onde ían as caldeiretas.

Ela sempre me di: “ non tiñamos grandes cousas como tedes agora pero creo que disfrutábamos moito máis “

 A guerra polo meu adestrador de futbol



O sábado encontreime pola rúa ao meu antigo adestrador de fútbol sala; estivemos a recordar anecdotas: cando me despedín del, véuseme á cabeza, a historia da súa vida e como se truncou coa guerra civil. Vóuvola contar.
Tiña dez anos, era féliz coa súa familia, o pai obreiro da construtora e a súa nai ama de casa, non eran ricos, pero non lles faltaba de nada. Todo cambiou cando Ferrol foi tomado polo bando nacional, o seu pai non era político, pero tiña unha leira que un veciño se encaprichou dela, como non lla vendeu, o veciño denunciouno dicindo que era un obreiro roxo.
Unha noite viñeron a buscalo, sacárono da cama e en pixama leváronseo. El contounos como os berros e o desespero da súa nai o espertaron, e con dez anos atacou os falanxistas dándolles patadas. Se non é pola súa nai, tamén lévanllelo, non se antes darlle un culatazo cunha escopeta, e alí no medio dos asaltadores estaba o seu veciño traidor.
A súa nai pasouse días enteiros buscándoo, intentando decatarse onde o levaran, ata que un bo día lle dixeron que o mataran e estaba enterrado nunha foxa común sabe Deus onde.
E aquela familia unida e feliz, por culpa dunha guerra sen sentido, na que todo valía, irmáns contra irmáns, pais contra fillos, veciños..... truncouse. A súa nai tivo que poñerse a servir para sacalo adiante e el en canto tivo uns anos máis, deixou os estudos e se puxo a traballar para axudar á súa nai.
O curioso é que o meu adestrador non o contaba con odio, nin quería vinganza contábanolo para que foramos conscientes de que non paga a pena facer a guerra, que hai que facer a paz.

Un gran home, bo adestrador, pero mellor persoa