A guerra polo meu adestrador de futbol
O
sábado encontreime pola rúa ao meu antigo adestrador de fútbol
sala; estivemos a recordar anecdotas: cando me despedín del, véuseme
á cabeza, a historia da súa vida e como se truncou coa guerra
civil. Vóuvola contar.
Tiña
dez anos, era féliz coa súa familia, o pai obreiro da construtora e
a súa nai ama de casa, non eran ricos, pero non lles faltaba de
nada. Todo cambiou cando Ferrol foi tomado polo bando nacional, o seu
pai non era político, pero tiña unha leira que un veciño se
encaprichou dela, como non lla vendeu, o veciño denunciouno dicindo
que era un obreiro roxo.
Unha
noite viñeron a buscalo, sacárono da cama e en pixama leváronseo.
El contounos como os berros e o desespero da súa nai o espertaron, e
con dez anos atacou os falanxistas dándolles patadas. Se non é pola
súa nai, tamén lévanllelo, non se antes darlle un culatazo cunha
escopeta, e alí no medio dos asaltadores estaba o seu veciño
traidor.
A
súa nai pasouse días enteiros buscándoo, intentando decatarse onde
o levaran, ata que un bo día lle dixeron que o mataran e estaba
enterrado nunha foxa común sabe Deus onde.
E aquela familia unida e feliz, por culpa dunha guerra sen sentido, na que todo valía, irmáns contra irmáns, pais contra fillos, veciños..... truncouse. A súa nai tivo que poñerse a servir para sacalo adiante e el en canto tivo uns anos máis, deixou os estudos e se puxo a traballar para axudar á súa nai.
O curioso é que o meu adestrador non o contaba con odio, nin quería vinganza contábanolo para que foramos conscientes de que non paga a pena facer a guerra, que hai que facer a paz.

Un
gran home, bo adestrador, pero mellor persoa
No hay comentarios:
Publicar un comentario