domingo, 9 de febrero de 2014



OS MEUS ANCESTROS

Meus bisabós Francisco (el castellano) e María


Naceu en Villalibre de Somozas (león), maragato, de mozo foise a Cuba a facer fortuna, con ese diñeiro casouse coa miña bisavóa Maria e viñéronse a Ferrol, puxo unha tenda de ultramarinos no muelle con un socio (familiar)que acabouno enganando. Despois puxo un almacen de viños (tiña a exclusiva da rioja), ao empezar a guerra, aumentaron con ultramarinos. Tiveron 8 fillos, só lográronse 4, os outros morrían ao nacer por un problema de RH (hoxe sabémolo).
Miña aboa Aida tiña 14 anos cando seu pai tivo un accidente (caeu da escaleira arreglando o tellado) e morreu,quedando miña bisaboa atendendo a tenda para sacar os seus fillos adiante.
A véspera de empezar a guerra, a miña avoa fixo a primeira comunión e ao día seguinte mandárona xunto co a súa irmá a Villalibre á casa dos tíos, pensando que estarían máis seguras, pero non foi así. O tío Toribio era republicano e o sobriño do cura foino a visitar con pistola en man, roubáronlle todo.....la máquina de coser, os mantóns de manila das festas.... e díxolle que volvería ao día seguinte a polo diñeiro ( a miña avoa non se acorda da cantidade). Esa noite Toribio escapou saltado de horta en horta, chegou ata Astorga, logo a Vigo e en barco a Cuba.

O irmán da miña aboa, Meu tío Manolo (Manuel Fuertes Morán) recrutárono para ir á guerra a Pola de Gordón en León, xunto con tantos outros que tiveron que deixar os seus estudos, as mulleres e fillos, para ir a unha guerra que non estendían.




No hay comentarios:

Publicar un comentario