Cartillas
de racionamento



A
cartilla era en realidade un talonario formado por varios cupóns, na
que se facía constar a cantidade e o tipo de mercadoría. Habíaas
de primeira, segunda e terceira categoría, en función do nivel
social, o estado de saúde e o tipo de traballo do cabeza de familia.
Os
alimentos podíanse adquirir durante un determinado período de tempo
en establecementos suxeitos ao control da Administración. Había
colas por todolos sitios xa que nun sitio vendían o pan, noutro os
ovos....
Os
funcionarios dedicados a esta tarefa eran bautizados popularmente
como «os de abastos». Cando «os de abastos» chegaban ás aldeas,
os campesiños escondían os sacos de legumes nos tellados, conducían
os porcos ao monte e non faltou quen construíu unha dobre parede na
súa casa para ocultar o trigo e a fariña.
Miña aboa recorda con
pavor os primeiros anos do racionamento, «tempos dunha fame e unha
miseria terribles». A lista da compra no ano 42 incluía : «Cascas
de cacahuete, mondas de plátano e laranxa, lentellas con
pedras.......
O
que tiña diñeiro non pasaba fame pois podía comprar de estraperlo.
No mercado cando viñan os inspectores avisábanse uns a
outros para poder esconder a mercancia.
Nas
aldeas vivíase algo millor, pois non vixíaban tanto e as mulleres
prantaban patacas e criaban polos, cerdos e logo vendíanos
para comprar aceite, lentellas.....
Na
posguerra chamouse estraperlo ao comercio ilegal dos alimentos
racionados e despois, por extensión, a calquera forma de venda
clandestina. Houbo quen se fixo rico co estraperlo, e houbo
estraperlistas que malviviron.
Co
estraperlo apareceron os pícaros que vendían aos tendeiros
botellas de aceite da ración, que de aceite só tiñan o pescozo da
botella xa que todo o demais era auga. E o mesmo pasaba cos cartuchos
de azucre, cheos de serrín e algún azucre na boca.
Nos
anos cincoenta algúns estraperlistas eran suboficiais de Mariña que
traían do estranxeiro ou de Canarias productos escasos e caros na
península.
Miña
aboa conta que ela non se pode queixar pois como tiñan a tenda, algo
millor comían.
No hay comentarios:
Publicar un comentario