Meu
bisabó Pepe e miña bisaboa Asunción
Xa
falei del noutra entrada, era dentista,tivo 3 fillos. Cando
empezou a guerra levouse á súa muller e aos seus fillos a Irixoa, a
miña avoa era de alí y el quedou en ferrol atendendo a consulta e
íase os fins de semana e cando voltaba o luns viña cargado de
comida para a xente necesitada.

Morreu
moi xoven, dunha infeción deixando moi soa a miña boa que nunca se
repuso, de luto, non saía de casa, saíulle por todo o corpo como
unha especie de ecema que Quintanilla, médico da familia, dicía que
era de tristura . Non foi a ningunha boda das suas netas, soio saía
en coche con meus abós unha vez ao ano a San Andrés de Teixido por
iso de que “ vai de morto o que non foi de vivo” e iso que non
era nada relixiosa, non me extraña, despois do que lle fixeran os
curas e as monxas. Miña nai contoume que cando tiña 12 anos foi co
colexio a Santiago de Compostela e tróuxolles de recordo un rosario,
un para ela e outro a Tía Lucha (a súa cuñada) e case llelo poñen
de sombreiro.
No
verán estaba mellor, ía para Covas, e alí estábamos todos xuntos,
xa que toda miña familia pasa o verán alí.
Miña
bisaboa con algúns netos, entre eles miña nai
Tía Lucha e a miña
bisaboa Chon
No hay comentarios:
Publicar un comentario