Meus
abós Federico (KIKO) e Aida
Miña
aboa Aida é a persoa que mais quero xunto con miña nai, sempre está
disposta a axudar, ten mais pacencia que o Santo Jó, nunca lle
escoitei dicir non.
De
pequeno non comía nada e ela contábame historias para que comese,
as que máis me gustaban eran as relacionadas coa guerra, contareivos
algunha.
Na
guerra obrigaban a poñer nos cristais das galerías fitas adhesivas
cruzadas de barrote a barrote para que non rompeses cos bombardeos.
En
frente da súa casa, Genoveva de Brabante que vendía baules e
maletas, tiña un sotano e cando soaban as sirenas, ían alí a
refuxiarse, tamén había refuxios nos bancos.
Facíase
trampa nos contadores para pagar menos luz. Escaseaba o carbón e
alguns cociñaban con serrín.
Como había pouco aciete, estaba racionado, fritían as patacas con sebo.
Os vestidos facíanse cos sacos de azucar, lavados primeiro con lixivia.
Sacábase a lá dos colchóns, tecíase e facíanse calcetíns e mantas para os soldados( Iso practicamente obrigábanche e viñan polas casas a buscalas)
Os zapato facíanse coa sola dos zocos de madeira; cosíanselle (cravábanse) unhas tiras de saco e despois bordábanse, mesmo se lle poñían de adorno chatolas, a miña avoa di que eran moi bonitos
Como había pouco aciete, estaba racionado, fritían as patacas con sebo.
Os vestidos facíanse cos sacos de azucar, lavados primeiro con lixivia.
Sacábase a lá dos colchóns, tecíase e facíanse calcetíns e mantas para os soldados( Iso practicamente obrigábanche e viñan polas casas a buscalas)
Os zapato facíanse coa sola dos zocos de madeira; cosíanselle (cravábanse) unhas tiras de saco e despois bordábanse, mesmo se lle poñían de adorno chatolas, a miña avoa di que eran moi bonitos
As
lentellas viñan con pedras e pasábanse a tarde limpiándolas para
poder cociñalas.
De
Barallobre traían peixe e o cambiaban por azucar,
aceite....(TRUEQUE)
Había
colas para todo, para comprar o pan, os ovos, o aceite .....
A
meus abós gustáballes moito cantar, e formaron un grupo de amigos
da Zarzuela. Representaron nas Pontes e no teatro Jofre e o diñeiro
ía para o asilo.
Meu
abó Kiko, que podo decir del,
tantas cousas pero todas contadas por miña aboa, miña nai e por
meus irmáns, foi tan importante nas suas vidas, un segundo pai,
danme envexa sá, disfrutaron tanto, pero eu moi pouco, morreu cando
tina eu dous anos e cinco meses, xogando conmigo e unha arquitectura,
tumbou a cabeza para un lado e alí quedou sentado no sillón morto,
durante moitos meses, coa miña lingua de trapo cada vez que soaba
unha ambulancia, contaba o que lle pasara, o barullo que se armou,
medicos, enfermeiros correndo pola casa intentando reanimalo e eu me
escondín detrás da porta da cociña, como para non molestar e non
ver nada máis, xa vira bastante.
Meus
abós, dende que nacín dedicáronme todo o tempo, viñan todalas
mañás a buscarme para levarme a guardería que quería que fose
miña nai, pero meu abó non facíalle caso e levávame a praza de
Sevilla a xogar. En Covas subíame a cabaliño nos seus ombros e
levábame a ver as vacas, os porcos, os cabalos, á praia.....Todo o
día xogaba conmigo, pero sabedes unha cousa? Non me acordo, seino
porque mo conta miña aboa moitas veces.
Mírades
si era importante nas nosas vidas, que cando morreu, eu estaba na
casa de meus abós, porque miña nai estaba no hospital con meu irmán
Alex operado de urxencia de peritonitis. Pois dous días despois meu
irmán Alex con 16 anos foise do hospital cunha venda moi forte, e
con moito door, para poder levar a hombros o feretro xunto con meus
irmáns Edu e Fede e os meus primos.
Iso é amor e o
demais son coñas.
Nesta
foto está meu tatarabó (xa salira do cárcere) con meus abós e
meus tíos e uns amigos
No hay comentarios:
Publicar un comentario