O MARIO DE LANGULLO : o pinche. ultimo guerrilleiro antifranquista


Nado
en Cesuris (Manzaneda) en 1913 e morreu en Seadur (Larouco) en 1986,
foi un dos últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra
o réxime de Franco.
Con
quince anos emigrou a Bilbao na busca dunha vida mellor. Alí
traballou coma peón e participou en diversos conflitos laborais,
voltou a Lugo en 1935.
Coa
sublevación fascista viuse obrigado a botarse ó monte para salvar
a vida. Alí, dirixiu a grupos de fuxidos en accións de sabotaxe,
ataque ao goberno e represión de colaboradores e delatores.
A
Mario mátanlle os falanxistas a seu pai e a sua irmá como revancha
pola súa fuxida ó monte.
A
consolidación do réxime faría cada vez máis difícil a
continuidade da acción guerrilleira, no ano 1946 o PCE abandoa a
loita armada e deixa abandoados aos guerrilleiros e Mario ocultase e
logra fuxir a Francia en 1968. Regresou a Galicia en 1979 frecontando
as ferias da comarca saudando ás persoas que lle ayudaran na súa
permanencia no monte. Faleceu en 1986 en Seadur.
No hay comentarios:
Publicar un comentario