BENIGNO
ANDRADE “Foucellas":
unha leenda da resistencia antifranquista
Nado
o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas,no concello de Mesía,
dende moi novo traballou no campo, de xornaleiro, e nunha leitería.
Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón
Xunto
coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de
Curtis, Posteriormente foi militante da CNT e guerilleiro
anti-franquista; temendo represalias dos fascistas, botouse ao monte.
púxose ó frente, dunha partida guerrilleira que actuaba na zona
de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por
prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo que
existían naquela época en Galicia.
Ferido
en 1945 coa súa propia arma Os amigos lévano ao sanatorio de San
Nicolás, na Coruña, onde é operado e escondido. É por esta
altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de
crego para evitar sospeitas.
Home
que o réxime fascista converteu nun criminal sen escrúpulos,
atribuíndolle moitos delitos que se cometeran ao mesmo tempo en
sitios distintos.
Benigno
Andrade participa do Exercito Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte
para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En
outubro de 1949 escapa dunha emboscada da Garda Civil
O
9 de marzo de 1952 é detido por unha confidencia. Terriblemente
torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos
alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en Consello de Guerra o 26
de xuño de 1952 e condenado a morte, mediante garrote vil e sendo
soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.
As
últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
“Morro
polas miñas ideas e por defender a liberdade e
un goberno
lexitimamente elexido”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario