miércoles, 5 de febrero de 2014


Autobuses a Covas durante a guerra civil

Póñovos ista foto de "Cazolitos" onde podedes ver as "leiteiras" posando diante do autocar cargado con caldeiretas de leite na "terraza" do bus. Terraza moi usada en verán, sobre todo polos mozos para viaxar ata a praia do Vilar.

A primeira liña de autobuses que uniu a parroquia (naqueles tempos pertencente ao Concello de Serantes) con Ferrol comezou a súa actividade cara a 1934 con dous vehículos, os seus propietarios eran coñecidos como " Os de Primo"… Que tamén eran os donos do salón de baile, a carnicería, a tenda e o cine de Covas.
Miña avoa contoume que alugaban entre todos os vereneante o cine os sábados para bailar e facer festas. Y a miña nai díxome que cando ela era pequena aínda existía o cine, os venres poñían só vaqueradas do ano da tarola, pero pasábano bomba, aínda que a maioría dos días acababan botándoos polas risas.

Ao comezar a guerra civil fóronlles requisados os buses, que non tiveron máis noticias ata que rematou a guerra, momento no que lles devolven só un dos autocares nunhas condicións que o facía inservible, optando os propietarios por esquecerse do negocio.

Entre esa época e ata que "Ramón e Suárez" puxeron en marcha a súa empresa o único servizo de transporte público era o que ofrecía Xosé o dá Cocheira, tamén coñecido por Xosé de Longra, propietario da tenda coñecida por "A Cocheira" que, cunha "RUBIA" (así se coñecía daquela ao que hoxe chamamos "monovolume") suplía a carencia de liña regular de transporte de viaxeiros.

A miña avoa conta que a RUBIA non andaba un patacón e ao empezar a Bailadora se baixaban todos a empurrar para que puidese subir a costa, cando chegaban arriba volvíanse subir xa que costa abaixo todos os santos axudan. E cando ía moita calor os dejaban ir na baca onde ían as caldeiretas.

Ela sempre me di: “ non tiñamos grandes cousas como tedes agora pero creo que disfrutábamos moito máis “

No hay comentarios:

Publicar un comentario